12.3.12

Unha ligazón de humor e Matemáticas

Hai pouco tempo que atopei esta web, Math Fail, mentres deambulaba por ligazóns dun sitio a outro. Nela podemos achar todo tipo de erros relacionados coas Matemáticas, usualmente imaxes cómicas, pero tamén crebacabezas, vídeos curiosos,... En conclusión, aos interesados nas Matemáticas vailles interesar. Poño a ligazón á dereita do blog, que xa leva tempo abondo inmutable.

Como exemplo de erro matemático, esta "demostración do Teorema de Pitágoras", na que podemos apreciar un cadrado un tanto contrafeito:


Ou esta "explicación" da suma de fraccións:



Por certo, esta imaxe faime pensar en cantos erros dos alumnos explicaría este método.

0 comentarios:

Post a Comment