1.4.12

Lume nas Fragas do Eume


Hoxe tiña pensado comentar un problema de Xeometría, mais iso vai quedar para outro día. Hoxe é tan grande a ira e a impotencia que, por unha vez, vou facer un enorme off-topic neste blog. Aínda así non vou dicir o que diría en persoa, só vou compartir un vídeo que casualmente acabo de ver nesa marabillosa fonte de arte que é Kuriositas. Un vídeo que plasma en animación certas sensacións que agroman un día coma hoxe. E cun chisco de esperanza, neste día aciago:



0 comentarios:

Publicar un comentario