2.4.13

Seguidillas en Matemáticas?

Acabo de ver isto nun libro de Matemática Moderna (que cousas máis raras leo, xa sei). É tan pintoresco que tiña que compartilo por acó. Escusade a calidade da imaxe, non houbo maneira de escanealo mellor:

A definición de infinito éche ben complicada

Como a única definición de seguidilla que coñezo está relacionada coa poesía e a música, fun buscar ao dicionario da RAE e atopei o seguinte na segunda acepción, axeitada para o libro, procedente de Arxentina:

2. f. Arg.Bol. y Ur. Sucesión de hechos u objetos que se perciben como semejantes y próximos en el tiempo.

Isto xa vai tendo máis sentido, aceptamos seguidilla entón (ou sigue-sigue!).

Pero que vos parece que o libro, de 1968, estivese destinado a alumnos de 12 anos?

2 comentarios:

  1. Pois eu entendo mellor o de 'letanía'. Ademais ten unha acepción non recollida nos dicionarios pois na miña terra pronunciábase 'latanía', polo latín.
    A pesar de todo isto... eu son un defensor da non exclusión da matemática moderna. Creo que é moi malo eliminar, tal e como se fixo, a teoría de conxuntos da curriculum da secundaria. Con medida é algo moi simple, que aclara ideas e permite a comprensión de moitas cousas.

    ReplyDelete
  2. Non, se eu tampouco estou en contra dun mínimo de teoría de conxuntos, tan necesaria cando vemos probabilidade, por exemplo. Pero tanta trapallada con 12 anos é excesiva, e probablemente ninguén estea capacitado para entendela a esa idade.

    ReplyDelete