24.8.13

E isto que é?


Remexendo por arquivos que tiña perdidos polo disco duro do ordenador, é dicir, non ordenados, atopei nunha revista matemática unha pequena entrada na que preguntaban aos lectores que era este aparello misterioso. Como é de supoñer, "que?" neste caso pode ser contestado como "que fai?", pois é común que as ferramentas queden definidas pola utilidade que teñen máis que polo seu aspecto ou material.

Pois a ver, alguén sabe que é isto?


Pista: non ten nada que ver con xogos de azar, nin con caleidoscopios,...

Se alguén descubre ou adiviña o que é porei a fonte e o autor, que o mérito hai que recoñecelo.

8 comentarios:

  1. E será unha regra de cálculo?

    ReplyDelete
  2. Boa vista, cadoi. Se atopas de que tipo xa es un lince...

    ReplyDelete
  3. Ten toda a pinta de servir para multiplicar números complexos, ou algo así.

    ReplyDelete
  4. Vaia, non durou nin medio día. Mañá poño o que lin sobre a regra, que non é moito, a verdade.
    Ben visto, Cibrán (e cadoi)

    ReplyDelete
  5. O tipo de regra xa non o sabía. Non hai moito lin algo sobre regras de cálculo (non recordo agora mesmo en qué libro), e completei a lectura buscando imaxes no google para facerme unha idea máis clara de cómo eran.
    E ao ver a túa foto, recoñecina.

    Moi boa aportación a de Cibrán, que á súa aplicación concreta eu xa non chegaba.

    ReplyDelete
  6. Pois eu teño que recoñecer que nunca xamais parara a ler nada de regras de cálculo (ata hai dous días, claro). Creo que ata lin máis sobre táboas de logaritmos que sobre regras de cálculo. Pero a imaxe esa feita co raytracer chamoume a atención.

    ReplyDelete
  7. Un profesor de física ensinoume hai uns meses a regra de cálculo que usaban a principios dos 70 na facultade. Non se parecía nada a isto, claro.
    Non é que eu saiba nada de regras de cálculo, basta con ir a http://www.google.com/imghp que che permite cargar a imaxe no buscador,... mellor probar para ver o que pasa.

    ReplyDelete
  8. Mira ti, Cibrán, non se pode ser tan honesto ;)
    É curioso que recoñeza a imaxe cando eu non utilicei a que está na web do nacho, senón que cortei desde o pdf da revista.
    Ah,por se che interesa, eu teño usado para buscas inversas de imaxes TinEye

    ReplyDelete