19.9.13

Que sorprende pola mañá a un matemático?


Imaxinade que unha mañá calquera, indo ao choio as présas, un baixa ao garaxe e atopa este panorama:



Ningún vehículo foi danado na produción desta imaxe


Veña, adiviñade, que é o que pensa un matemático que é inusual no garaxe para pararse e tirar unha instantánea da escena? Estou certo que algún pode adiviñalo.





Se botas papas, fai click
Obviamente, non pode substraerse a retratar o 7!


Perdoade a brincadeira, estes días de comezo do curso son duros no choio...

2 comentarios:

  1. Non o pillo...:-(

    ReplyDelete
  2. Todo o mundo vería raro o chimpín no garaxe. Un matemático sorpréndese polo número 7!, onde a exclamación non é o símbolo gramatical ;)

    ReplyDelete