24.10.13

A beleza das Matemáticas


Acabo de atopar este vídeo, Beauty of Mathematics, no blogue The Aperiodical. Nel, partindo da famosa frase de Bertrand Russell que atribúe beleza, aínda que fría, ás Matemáticas, aparecen varios exemplos visuais onde poderemos aprezar a existencia de valores estéticos na nosa ciencia.
Vede vós mesmos:




É moi probable que lles poña este vídeo nalgún momento aos meus alumnos, tanto de 1º de ESO como de 1º de Bacharelato. E seguramente explicarei e intensificarei os exemplos do vídeo para "venderlles" a tese que quere transmitir, que semella ser que a beleza está agochada na aplicación das Matemáticas para interpretar o mundo físico.




Porén, sabedes o que me resulta máis curioso?





...que non poría ningún dos exemplos do vídeo como exemplo de beleza matemática. Así que apuntade como competencia do profesor do século XXI (mira que hai listas desas pola rede, haivos unha morea de expertos...) "ser un impostor"



2 comentarios:

  1. Beleza, beleza non sei, mais é un excelente vídeo para respostar á pregunta:
    - Profe, para que valen as mates?

    ReplyDelete
    Replies
    1. Si, para iso si que é certo que presta. Pero, Manuel, a que a ti tampouco foron estas cousas as que te levaron ás Matemáticas?

      Delete