22.10.13

Breve momento de gloria


Conteillo á familia. Compartino nas redes sociais. Mandeillo por correo electrónico aos compañeiros de departamento (e tamén os asaltei polo instituto).

Pero non lembrei que teño un blogue. E que quizais algún dos meus catro lectores non saiba que o autor do blogue de educación de El País Ayuda al estudiante, Carlos Arroyo, me convidou xentilmente a escribir unha breve reflexión sobre o noso oficio. E algo así fixen, aínda que non volo podo garantir:


No desaprovechemos en el aula la fascinación de lo difícil



  • E xa que estamos, poñamos algo útil de verdade. Igual atopades algo que se poida usar como profesores na versión en español da Khan Academy, eu aínda non o tentei.



  • Ou quizais atopedes algo interesante neste vídeo que vin no blogue de Richard Wiseman (hai que velo ata o final):





  • Ou, finalmente, pode que teñades ganas de ver unha boa explicación visual do Paradoxo de Simpson en Simpson's Paradox

De catro cousas estou seguro que haberá tres interesantes.

8 comentarios:

  1. Parabéns pola publicación! Gustoume :-)

    ReplyDelete
  2. Está moi ben o artigo, noraboa!

    ReplyDelete
  3. Xa sabía eu que alguén non o lera ;)

    ReplyDelete
  4. Noraboa pola publicación!! Non che podo dicir que me gustou o artigo... polo de agora, que parece o suficientemente longo para non ter tempo a lelo antes de marchar para clase. Logo lle boto o ollo.

    ReplyDelete
  5. Verás, cadoi, que tampouco é moi denso (non che é como unha demostración de Xeometría Alxébrica...). Eu pensaba que ti xa o terías lido pola vara que dei no twitter.

    ReplyDelete
  6. É pouco denso, é, pero nos 10 minutiños de Internet antes de ir para o instituto non me daba tempo. Ata agora que teño un rato entre claustro e consello escolar nun puiden poñerme a lelo. Pero xa che deixei un comentario alí ;)

    Respecto ao twitter, a verdade é que non lle dou moito uso. Eu non gasto smartphone e non teño Internet no móbil, e dende o ordenador só entro de cando en cando, co cal me perdo moitas cousas, só vexo o que cadra no momento. Non sei cómo fai outra xente para atendelo todo o rato, se eu me puxese así non podería facer outra cousa...

    ReplyDelete
  7. Se che digo a verdade eu teño a app de twitter no móbil, mais non a miro en toda a mañá, despois na casa póñolle volume e mentres traballo miro máis no PC (o famoso multitasking dos profesores da ESO XD)
    E xa lin o comentario, graciñas.

    ReplyDelete