16.2.14

Como cortar unha pizza en 10 anacos

Quen non tivo algunha vez o problema de convidar a nove amigos e non saber como cortar unha pizza nos 10 anacos correspondentes? Implicitamente, estamos a supoñer que os dez anacos serán da mesma superficie.

Tranquilos, a resposta está en youtube
:



Despois de ver o vídeo estiven a inspeccionar outros vídeos desa canle do youtube, esperando atopar algunha pista que deixase claro que o que acabades de ver foi humor voluntario, porque se non, como poden subir iso á rede?

36 degrees again... Podía melloralo dicindo $\frac{\pi}{5}$ radiáns...

0 comentarios:

Post a Comment