6.6.14

Un exercicio "inverso"


Na web da Consellería de Cultura, Educación e O.U. publicaron onte os exames e as respostas das probas de acceso a ciclos de grao medio.

Como é habitual, fun mirar a proba de Matemáticas, basicamente para criticar a elección dos ítems, mais atopei unha gráfica que me tivo entretido un chisco. Esta gráfica viña sen a expresión alxébrica, de tal xeito que un bo exercicio para bacharelato podería ser tentar atopar esta expresión. Observade vós:



Pista: é unha función impar...


Hai un par de candidatos obvios, mais pódese atopar a función exacta.





2 comentarios:

  1. Isto é moi divertido!
    Inicialmente pensei nun seno atenuado exponencialmente: 3*sen(e^(1-|x|)*pi*x/2), e certamente parecíase, mais sabía que algo así non podía ser.
    Entón ocorréuseme un cociente de polinomios, con grado do numerador impar e grado do denominador par e maior... Dado que o dominio é todo número real, facendo x/(x^2 + 1) sae unha gráfica (acheina por tanteo) semellante á dada. Reescalando tal que f(1) = 3, a miña resposta é...

    6x
    --------------
    x^2 + 1

    ReplyDelete
  2. Moi boa vista, Moisés! Por certo, se chega a ser unha como a primeira que se che ocorreu, tamén era mala idea...

    ReplyDelete