4.8.14

Xogos para tolear

Xa sei que hoxe tocaría resolver o problema 5 e propoñer un novo, mais creo que a serie que levo xa é abondo para este verán, e ese último problema vai quedar sen solución. Vou pechar durante unhas semanas o blogue, non sen antes traer uns xogos cun regusto claramente matemático:


  • O primeiro, Alcazar, avisa claramente na 1ª pantalla: Entra por unha porta, sae por outra. Cruza cada cadrado unha soa vez. Cada puzzle ten unha única solución. Axiña levaremos unha sorpresa, pois é habitual que haxa máis de dúas portas:
Por cal entras e por cal saes?

  • O segundo, Game about Squares, é exactamente o que di o título, aínda que iso non sirva de moito. Para entender que hai que facer, observade o pantallazo dunha fase inicial:
Só non, con amigos si

  • Por último, Aaaah! I'm Being Attacked by a Giant Tentacle! podería ser o título dunha película de Roger Corman, mais é un intelixente xogo do que só podo desvelar que o obxectivo de cada fase é queimar o tentáculo xigante que te atrapou. A mecánica é moi interesante, e ten que ser descuberta polo xogador con cada novo reto:
Non contedes con matar o tentáculo mediante extensión

Pois o dito, vémonos seguramente en setembro.


0 comentarios:

Post a Comment