10.9.14

Comezando, outra vez


Un saúdo ás hordas de lectores que esperaban con avidez o post de comezo de curso, no que a infame LOMCE entra en vigor. Este ano veremos cambios estructurais nos cursos impares da Educación Primaria e na Formación Profesional Básica, que vén substituír aos previos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI). Alén dos formalismos, tamén observaremos como as administracións educativas seguirán insistindo nos recortes que padecemos no ensino público.

Non sei como van aturar a presión os compañeiros de Primaria, por poñer un exemplo, pensade que na LOE hai ciclos e coordinacións de ciclo, e agora cada ciclo (1º/2º,3º/4º, 5º/6º) vai ter un curso baixo cada lei, resultando absurdo xestionar esta situación.

Tampouco o van ter fácil os mestres de Infantil, etapa que aínda que esquecida na nova lei, non queda fóra dos recortes (aulas con case 30 cativos de 3 anos, ben preto do meu centro).


Para comezar de xeito solemne este ano pensara en compartir un vídeo matemático, mais a rede non está inzada de vídeos interesantes desta temática. Moito vídeo educativo útil si hai, pero os que buscaba eu, do estilo de Nature by Numbers ou Beauty of Mathematics, loxicamente non abundan. Mais este verán, buscando algo relacionado cheguei á seguinte curtametraxe, cuxo título non podería ser máis explícito: Numbers. Porén...

Como non volo quero chafar, velaquí está, se estades de humor para algo un pouco escuro...



Benvidos de novo.

0 comentarios:

Post a Comment