28.11.14

Outra actividade alxébrica sen ecuacións(case)

Remexendo entre os concursos de Matemáticas da academia Phillips Exeter atopei un tipo de problema que non vía desde hai moitos anos, probablemente desde que lin os libros de Martin Gardner da biblioteca de Ferrol, libros que por certo, non tiven outra vez en papel desde aquela.

O problema pertence a unha clase relativamente común dentro das Matemáticas recreativas, como é a da disección de figuras en cadrados. A divulgación destes problemas débese, como apuntei antes, a Martin Gardner, en concreto á súa recompilación de artigos The Second Scientific American Book of Mathematical Puzzles and Diversions (en castelán Nuevos Pasatiempos Matemáticos), aínda que o propio Gardner comenta que a súa orixe está, como é habitual, no traballo de Henry Dudeney.


O problema que atopei no concurso de 2010 presenta o seguinte rectángulo:


Mondrian?

Nesta figura todas as pezas son cadrados, agás a máis grande, aínda que o parece (e está preto de selo, sexa o que sexa "estar preto"). Ademais vemos a medida do lado do máis pequeno dos cadrados. Con esta información temos que achar a superficie do rectángulo grande.

Aínda non chegamos en 2º de ESO nin nas Matemáticas A de 4º ao bloque de Álxebra. Cando cheguemos coido que vou propoñer algún problema deste tipo.

0 comentarios:

Post a Comment