12.11.14

Un cadrado e un polígono de 24 lados


Lendo o recente libro de Miquel Capó Dolz  Puzles y matemáticas atopei este problema xeométrico de disección que me gustou e que coido que é axeitado para a miña aula de 2º de ESO (e coa que estou moi contento este ano, aproveito para dicir xa que eles non len este blogue).

Ao choio:


Divide este cadrado en 4 pezas iguais (en forma e tamaño) que poidas xuntar para formar a nova figura:

Neste caso as liñas da grella axudan


Déixoo aquí para engadir ao arquivo de problemas de recortar e pegar dos que acostuman gustar os rapaces do 1º ciclo.

0 comentarios:

Post a Comment