30.4.15

Olimpíada Matemática Galega 2015-Fase Local-5


Chegamos ao último problema da fase local da Olimpíada Galega deste ano. Achastes algo de menos nos anteriores problemas? Efectivamente, hoxe imos con probabilidade:

Problema 5:

Iván e Sabela son dous amigos que se xuntan para cear. Deciden que paga aquel que perda ao seguinte xogo:

Lanzan dous dados e suman as puntuacións obtidas. Gaña aquel que acerte o resultado.

Responde razoadamente a estas preguntas:


  1. Cal che parece que sería a mellor aposta?
  2. Se Iván di 9 e Sabela di 5, quen che parece que ten máis posibilidades de gañar o xogo?
  3. Agora deciden xogar ao mellor de 2 tiradas. Teñen que apostar antes os 2 posibles resultados e despois contar cantos acertaron cada un. Cal che parece a mellor estratexia?


Non é un pouco redundante o problema? Hai que facer razoamentos distintos en cada apartado? O feito de que a pregunta c admita varias respostas foi intencionado?

Deste xeito remata a xeira de problemas da Fase Local da XVII Olimpíada Matemática Galega. Se teño acceso á fase final tamén os hei compartir por acó.

0 comentarios:

Post a Comment