1.11.15

Unha adiviña... polinómica


A ver se alguén dá adiviñado, sen contexto ningún e cambiando as variables para complicalo aínda máis, que pode significar esta expresión, coñecida no ámbito onde a collín de xeito solemne como "Fórmula Polinómica":

$$(0,55 \cdot x_0^n+0,12 \cdot y_0^n+ 0,10 \cdot z_0^n+ 0,08 \cdot t_0^n) \cdot \frac{1+15}{85}$$

A transcripción da expresión foi directa, co cal: podemos intuír erros nela, aínda sen saber exactamente o seu significado? Quen é a variable nesta expresión? Hai máis dunha variable? Se fose n, sería un polinomio?
E a fracción final... por que esa suma no numerador? Non lembra máis ben a 1+0,15, o cal levaría a pensar en índices? (Ou 100+15, en forma de porcentaxe)

Só unha pequena pista, por se estades moi perdidos:


Esta expresión pode influír na vida de case 250000 persoas

0 comentarios:

Post a Comment