16.1.16

Cadrado sen esquina


Había tempo que non propoñía un problema de disección, tema recorrente e tradicional nas Matemáticas recreativas. Se non me trabuco, o último que trouxen é este, de novembro de 2014. Cando teña un anaco, hei incorporalos todos á nova etiqueta Disección.

Pois ben, hoxe tedes que tentar dividir a figura seguinte en 4 anacos de tal xeito que despois os poidades xuntar para formar un cadrado:




Se queredes compartir unha solución nos comentarios, imgur é unha solución rápida que non require rexistro.

2 comentarios:

  1. A min axudoume ver que a área do cadrado tiña que ser de 8 unidades, polo tanto o lado debe medir $$\sqrt { 8 }$$
    Tamén me recordou un problema, que creo que hai moito vin nun artigo de Martin Gardener. No canto dun cadrado de 9 cadradiños sen unha esquina, nun de 4 sen unha esquina pedía dividilo en 4 partes iguais.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois si, eu tamén comecei por aí. No canto de andar facendo cachos ás toas, é máis sinxelo pensar en encher o cadrado que xa tes preparado.

      Eliminar