6.4.16

Catro xogos


Levo un tempo escribindo de xeito tan solemne que calquera día comparten o meu blogue os economistas do Ministerio de Educación, polo que haberá que baixar o nivel de seriedade. Que mellor que compartir uns xogos?

  • O primeiro, Ocus Puzzle, é unha especie de Puzzle Quest con figuras máis irregulares, o que provoca, de xeito contraintuitivo, que sexa máis sinxelo. O mellor é que podes escoller a dificultade, o peor que resulta repetitivo(quizais motivado pola xeración procedural dos niveis).Na imaxe queda claro o obxectivo e a mecánica:
  

  • No segundo, Overspill, temos que encher a pantalla de xogo colocando bloques numéricos. O número que figura en cada bloque amosa cantas celas quedan activadas arredor do bloque ata chegar a un obstáculo negro:
  

  •  O terceiro, Is This Prime, máis que un xogo é un quiz onde hai que amosar reflexos áxiles:
  
  • Finalmente, Guess the Correlation é exactamente o que parece, i.e., un xogo no que tes que adiviñar o coeficiente de correlación(sempre positivo) á vista dunha nube de puntos. Hai que rexistrarse para xogar:
  


Veña, insensatos, a xogar!

0 comentarios:

Post a Comment