21.4.16

Este problema vaite sorprender


Utilizo o estilo moderno dos xornalistas on line para introducir un problema que, aínda elementar, vaticino que non vas dar resolto:

Cores escollidas para mellorar a experiencia...


Observa a figura de enriba, cun triángulo rectángulo no que inscribimos un cadrado, para despois inscribir outros dous cadrados nos triángulos rectángulos que van quedando nos ocos e inscribir circunferencias en tres dos triángulos rectángulos que asoman.

Cal é a relación que gardan os radios das tres circunferencias?

Abraiante: as medidas do triángulo orixinal son irrelevantes. E simplemente debuxar a figura xa é un reto, sempre que non tires unha instantánea do pdf na colección de problemas Sangaku onde o collín.


Agora odiádeme: este problema é o primeiro dunha folla de problemas que utilicei hoxe en 4º de ESO. Pero non, non conta para a calificación.

0 comentarios:

Post a Comment