6.1.17

Matemáticas na Rúa: os primeiros 8 anos


Outro día 6 de xaneiro, outro día que lembro o aniversario deste blogue grazas a que o da Carta Xeométrica é un día antes. Este ano, en troques de revisar o rumbo do blogue, vou compartir unha escolma dos posts que agora mesmo vexo máis interesantes, a razón dunha entrada por ano e en orde cronolóxica inversa:

Hai entradas mellores neste ano, seguro, escollo esta porque coido que o simple feito que amosa non é moi coñecido.
Este post é o paradigma do que me gustaría ter atopado na miña formación como profesor novel: que facer na aula para facilitar a aprendizaxe? Por desgraza, dáme que segue a non ser o habitual.
Deste ano hai varias entradas que vexo recuperables, optei por esta porque resulta abraiante descubrir a longa historia de moitos problemas que seguimos a utilizar nas aulas.
 Esta entrada coido que non a leu ninguén(25 visitas, LOL), e nela presentei un problema orixinal, ou iso cría eu daquela.
Este problema atopou, de xeito excepcional, solución neste mesmo blogue, na entrada seguinte.
O primeiro divertimento dunha serie que non rematou, espero.
Realmente é unha parvada de animación no geogebra, mais unha parvada que fixen eu.
Non é tampouco a mellor entrada das non moi elaboradas 140 daquel ano, cando usaba o blogue para propoñer problemas aos alumnos da Rúa, pero ten un problema curioso e a ligazón a un xogo que mestura algunha idea matemática. É dicir: dúas das miñas principais afeccións.

Xa tedes para ler a fin de semana.

0 comentarios:

Post a Comment