31.1.17

Outro problema de dobrar cousas


Os problemas nos que dobramos figuras xeométricas son habituais nos concursos matemáticos, probablememente porque adoitan incorporar a xeometría euclidiana elementar: congruencia, semellanza e Teorema de Pitágoras. Cunha situación sinxela de base podemos chegar a complicar moito as cousas. Eu mesmo compartín un problema dese estilos hai ano e medio:


Hoxe quería compartir un problema dese tipo, aínda que non tan enleado:


Temos unha faixa rectangular de papel de 4 decímetros de ancho. Dobrámola arredor da liña AX, de tal xeito que a esquina C cae no punto C', que forma con outra esquina A e co punto de solapamento B un triángulo rectángulo 3-4-5. A que distancia está X de C?

   


0 comentarios:

Post a Comment