3.3.17

Un octógono calquera


No capítulo 3, Espacio y forma, do libro Aprender a enseñar matemáticas en la educación secundaria obligatoria, de Cecilia Calvo et al. dei con esta situación. Aínda sendo elementar, como eu non sabía dela, compártoa aquí.


 
  

Partimos dun cadrado, unimos cada vértice cos puntos medios dos dous lados nos que non está, obtendo 8 segmentos. Consideramos os puntos de intersección, violetas na figura, que forman un octógono.

Pois ben:

Que ten de curioso este octógono?

2 comentarios:

  1. Nos alegra saber que te ha resultado interesante esta actividad.
    Gracias por hacer referencia a nuestro libro.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas a vós por facer un libro tan interesante. E por pasar por este blogue :)

      Eliminar