Percibides a segunda cara convexa? Iso espero, pois a alternativa, segundo contan no artigo de Wired, non é moi boa...
27.11.10
A ilusión de Charlie Chaplin
Lendo un artigo en Wired atopei esta vella ilusión óptica, relacionada con outras como a da cabaza de Halloween ou a do dragón, que xa apareceron por aquí:
24.11.10
Puntos
Moitos recoñeceredes na figura de enriba o problema de unir puntos máis utilizado nas clases lúdicas de Matemáticas (quizais xunto ao de debuxar unha casa sen erguer o lapis do papel). É tan coñecido que non sei se fará falta indicar o que hai que facer: unir os 9 puntos con 4 segmentos sen erguer o lapis do papel. Podedes atopar unha boa guía sobre o problema aquí.
Probablemente tamén sexa o problema de pensamento lateral máis sonado.
Coméntoo aquí, outra vez, porque como xa imaxinaríades, é un dos niveis do xogo Connect the dots, no que hai que unir os puntos coas liñas indicadas ao longo de 5 niveis. Unha mágoa que só sexan 5 niveis, e que estes non teñan diversidade abondo.
20.11.10
Pero iso foi [Onte]
O xogo de hoxe é But this was [Yesterday]. E estou convencido de que hai que ser moi apático ou insensible para non experimentar algún tipo de reacción ante o que vai ocorrendo neste xogo. Ou quizais sería máis axeitado chamarlle ficción, pois o que sucede lembra moito máis a algún tipo de ficción narrativa (e lírica) que a un mero xogo. É mellor probar a experimentalo por un mesmo.
19.11.10
Algún problema, Arquímedes?
- Debuxa unha circunferencia de diámetro 1.
- Debuxa un cadrado arredor dela (tanxente). O seu perímetro é 4.
- Elimina as esquinas do cadrado. O perímetro segue a ser 4.
- Elimina máis esquinas do cadrado. O perímetro segue a ser 4.
- Continúa o proceso ata o infinito.
- π=4!. Algún problema, Arquímedes?
- A introdución do número π no ensino das Matemáticas dista moito de ser exemplar. Isto é así agora pero tamén ocorría cando eu estudei a E.X.B. Ata moitos anos despois non descubrín a esencia do número π: é a lonxitude do perímetro dunha circunferencia de diámetro unidade , e pode ser demostrado que en calquera circunferencia, o cociente entre o seu perímetro e o seu diámetro é esa mesma constante. Tal e como recibín eu a información, semellaba que ese número era case un dogma, unha realidade matemática "por definición". E non quedaba outra opción: a circunferencia é un contido ineludible na educación primaria, e por outra banda, non creo que a maior parte dos alumnos tivesen moitos problemas epistemolóxicos por isto.
- O uso do infinito na "demostración". Aí radica todo o problema, é obvio. Podemos repetir o proceso ata o infinito? Podemos. Iso garante que o perímetro do polígono (que cada vez está máis preto da circunferencia) sexa máis e máis próximo ao da circunferencia? Non. E non coñezo mellor método para amosar que iso non ten que ser verdade que poñer outro exemplo máis claro, onde non aparece π por ningures, coñecido como "Paradoxo do Límite":
Comezamos cun camiño formado por dous segmentos de lonxitude 1, obviamente a lonxitude total do traxecto é 2. Se no segundo paso bifurcamos o camiño a metade do 1º segmento como amosa o segundo debuxo, a lonxitude total segue a ser 2. Continuando o proceso, a lonxitude seguirá a ser 2 en tódolos pasos. Pero é claro que no infinito o camiño confúndese coa diagonal entre o punto de saída e o de chegada, que ten unha lonxitude igual á raíz cadrada de 2.
Comparado con outras características estrañas do infinito, este paradoxo é practicamente unha trivialidade. Algún día terei que falar do Paradoxo de Banach-Tarski, pero iso é outra historia...
16.11.10
Temos un problema co ensino das Matemáticas
Aquí está a súa conferencia(só hai subtítulos en inglés, pero a verdade é que se entende bastante ben):
13.11.10
Blockout
Aos que temos certa idade a palabra Blockout tráenos á memoria a versión 3D do Tetris, publicada só 4 anos despois que este, e que nunca chegou a ter a súa sona. Probablemente por dúas razóns: había que utilizar moitas teclas para xogar (hai que ter en conta que os xiros no espazo teñen máis liberdade) e porque a perspectiva cenital unida á textura das pezas non axudaba moito á visibilidade.

En España nin sequera chegamos a ver o Blockout nas salas de xogos arcade. Agora mesmo nesta páxina podedes descargar unha versión gratuita do Blockout clásica, para botarlle unha ollada.
Pero o que me leva a falar deste xogo tan coñecido é a recente creación dun xogo co mesmo título que pouca relación ten co mencionado, agás o aspecto visual xeométrico (palabra que usamos habitualmente cando as figuras teñen arestas e ángulos rectos, a fin de contas todo é xeométrico). Observade este xogo en Flash, Blockout:
O obxectivo do xogo é o máis sinxelo posible: levar o cubo marrón ata o cubo azul, e facelo rapidamente. Eu só xoguei unha vez, e dos 50 niveis só vin un que levase un tempo pasar. A ver que tal o facedes vós.
9.11.10
Máis fractais, pero...
Non é a primeira vez (nin a segunda) que traio o tema dos fractais a este espazo. Ata agora levo incluídas imaxes estáticas impactantes ou dinámicas, nas que se levan a cabo viaxes por fractais bi ou tridimensionais.
Nesta ocasión é axeitado volver a falar de fractais porque hai unha novidade realmente interesante: os creadores deste vídeo foron quen de crear fractais sen utilizar ningún software complicado, nin sequera edición de vídeo. A explicación está no vídeo en youtube, pero déixovos un avance: puxéstesvos algunha vez entre dous espellos case paralelos?
8.11.10
Simulacro de Exame de 3º A
Aquí teñen os aplicados e silenciosos alumnos da miña titoría o simulacro do exame que se vai celebrar (curioso uso da palabra) o vindeiro venres.
Simulacro de Examen de Números y sus utilidades
Tentade facelo, é un bo xeito de ver o que non sabedes...
Simulacro de Examen de Números y sus utilidades
Tentade facelo, é un bo xeito de ver o que non sabedes...
6.11.10
Só unhas cantas letras e números
As etiquetas do Delicious
Es quen de adiviñalos todos?
- 23 L do A
- 7 D da S
- 7 M do M
- 12 S do Z
- 1 A para D a T
- 66 L da B
- 40 C nunha B
- 4 P en G
- 18 B nun C de G
- 39 L do AT
- 5 D nun P
- 90 G nun AR
- 0 G é a T C á que a A X
- 15 X nun E de R
- 3 R nun T
- 100 C nun E
- 11 X nun E de F
- 12 M nun A
- 13 é D para A
- 8 T nun P
- 29 D en F nun A B
- 27 L no NT
- 365 D nun A
- 52 S nun A
- 7 V dun G
- 60 M nunha H
- 23 P de C no C H
- 64 C nun T de X
- 17 C en E
- 1000 A nun M
- 1 L P na S da C
4.11.10
Sabes contar?
Hoxe na materia de TIC cos meus traballadores alumnos de primeiro de bacharelato lembrei esta experiencia, un clásico da rede que coñecín nunhas remotas Xornadas de Ciencia e Ensino en Santiago de Compostela. O propio vídeo explica o que hai que facer, pero como está en inglés, tradúzovos a única instrución (o que vai sucedendo despois creo que o entenderedes):
- Conta cantas veces pasan a pelota os xogadores de branco:
Por desgraza, esta experiencia só pode ser realizada unha vez, pois nas sucesivas o elemento sorpresa desaparece, por razóns obvias para os que xa o vimos.
1.11.10
Outro 1 de Novembro
E por que sabemos que hoxe foi ese día?
Se non tivestes a oportunidade de ver as súas clases anteriores, aquí tedes aqueles posts:
Temos varios indicios: non houbo clase, os programas informativos non paran de falar de camposantos, oímos falar de Halloween por todas partes (neses informativos é onde máis, calquera día empezan a falar de Thanksgiving)...
Pero o que me interesa realmente a min é que Matthew Weathers, profesor de Matemáticas e persoa con bo humor (como tantos profesores de Matemáticas, non?) volve abraiarnos cun simpático vídeo. Mirade:
Se non tivestes a oportunidade de ver as súas clases anteriores, aquí tedes aqueles posts: