E en segundo, outra ilusión óptica de puntos en aparente movemento. Se concentrades a vosa atención no cilindro xiratorio, que lles pasa aos puntos?
28.9.11
Just for Fun-6
En primeiro lugar, algo simplemente incrible:
E en segundo, outra ilusión óptica de puntos en aparente movemento. Se concentrades a vosa atención no cilindro xiratorio, que lles pasa aos puntos?
E en segundo, outra ilusión óptica de puntos en aparente movemento. Se concentrades a vosa atención no cilindro xiratorio, que lles pasa aos puntos?
24.9.11
20 anos do Nevermind

A nosa percepción do paso do tempo xoga malas pasadas. É curioso descubrir que desde a publicación de Nevermind ata, por exemplo, a estrea da primeira película do Señor dos Aneis pasou o mesmo tempo que desde esta estrea ata a actualidade. Parece que o noso cerebro percibe o tempo como un sumidoiro (un nodo atractor, se preferides), onde o que está máis preto tende de xeito acelerado a achegarse a nós.
En fin, deste tema xa pasaron 20 anos:
20 anos pasaran tamén cando naceu o autor deste blog desde a publicación do Jailhouse Rock de Elvis. Curioso, ou espeluznante, non estou seguro.
E que vai pasando neste inicio do curso 2011-12? Pouca cousa, só acabamos de comezar e do máis interesante probablemente foi como loitaron os meus alumnos de 2º de E.S.O. con este problema que con mala idea deixei caer polo medio da Pre-Avaliación:
Movendo só dous círculos tes que formar dúas liñas con 6 círculos cada unha:
18.9.11
Alá imos!
Comeza o curso e é o momento axeitado para relaxarnos, e simultaneamente ralentizar o propio ritmo para adaptarse ao tempo das aulas. Espero que este vídeo axude:
13.9.11
Un rápido de moedas
Navegando polos comentarios de blogs doutros profesores de Matemáticas atopei un par de problemas de moedas algo distintos do habitual, é dicir nin moedas que teñen un peso diferente das demais, nin voltas mínimas que se poden dar cunhas moedas dadas. Este é máis sinxelo que eses problemas, e por iso é probable que utilice este curso algún problema semellante:
Amalia, Brais, Carla e David teñen certa cantidade de moedas, todas con valores de 1, 2, 5, 10, 20, 50 ou 100 céntimos de euro. Amalia ten o dobre de cartos que Brais, Brais o dobre que Carla, Carla o dobre que David; e todos teñen dúas moedas. Cantos cartos ten cada un?
6.9.11
Echoes Reality 4D
Hai unha morea de ideas neste vídeo que aínda non teño moi claras. Aínda así, a parte meramente estética é suficiente para gozar da visualización.