tag:blogger.com,1999:blog-756329316658223587.post210732773486996214..comments2024-03-10T10:02:58.044+01:00Comments on Matemáticas na Rúa: O medo ás MatemáticasJJhttp://www.blogger.com/profile/16829561981417320165noreply@blogger.comBlogger4125tag:blogger.com,1999:blog-756329316658223587.post-49609745778216055712013-01-30T22:42:21.493+01:002013-01-30T22:42:21.493+01:00Pois graciñas Conchi por participares! A verdade é...Pois graciñas Conchi por participares! A verdade é que leo o teu comentario e coincido contigo en todo. Agora ben, seguindo coa teima do meu post: obviando a 2ª, son as outras razóns exclusivas das Matemáticas? Se non o son, non tería que haber fenómenos de "medo a" outras materias? Eu creo que a 3ª non é exclusiva, pois vexo que tampouco entenden a estrutura de ningunha outra materia. En canto á 1ª, non estou seguro, quizais haxa maior "distancia" entre os enunciados e as tarefas implicadas que noutras materias, pode ser...
En conclusión, que non o teño nada claro :)JJhttps://www.blogger.com/profile/16829561981417320165noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-756329316658223587.post-39480468086327266012013-01-30T15:44:18.311+01:002013-01-30T15:44:18.311+01:00buffffff, non sei que dicir, pero coma son falador...buffffff, non sei que dicir, pero coma son faladora ala vou, creo que o medo que teñen os meus alumnos ás matemáticas son 3 diferenciados: o primeiro é o medo a ter que pensar e ver que non entenden, ver que lles falta algunha conexión entre o enunciado, o seu coñecemento, a súa comprensión e resolución do problema, isto simplifícase no "profe, non entendo". O segundo medo é a inseguridade nas operacións, é aquel de confundireime nun signo? porei 3 por 4 sete? o terceiro é a falta de comprensión da estructura matemática que os leva a ver todo como unha serie infinita de normas artificiais, incompresibles para eles e que xeran o sentimento de que é insuperable ese abismo. Do primeiro medo é responsable o curriculum e a falta de formación dalgúns profes de primaria, porque estou de acordo en que aos de mate de secundaria sóbranos formación matemática ( fáltanos outra seguro, a min en debuxo, en lingua, ..) pero no caso de primaria falta moitísima formación matemática á maioría do profesorado que imparte esta materia. O segundo medo é natural, quen non se equivoca?, o terceiro medo é real e paralizante, ten que ver con que o edificio matemático non ten sentido para todo o mundo, ten que ver coas capacidades, eu teño moito medo a escalar paredes e tamén téñolle medo aos acentos e téñolle moito medo a electricidade, :)
encántame o tema
saúdos
Conchi
conchihttps://www.blogger.com/profile/10165797425017915129noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-756329316658223587.post-6368546327820766002013-01-27T23:26:13.862+01:002013-01-27T23:26:13.862+01:00O conto é ben bonito. Pero non podo evitar velo co...O conto é ben bonito. Pero non podo evitar velo como algo afastado do meu día a día. Probablemente porque eu sonche máis impaciente que os adolescentes, e quero solucións right here, right now...JJhttps://www.blogger.com/profile/16829561981417320165noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-756329316658223587.post-69930602351210029212013-01-27T21:45:53.422+01:002013-01-27T21:45:53.422+01:00Medo, ansiedade, inseguridade... Loita diaria a qu...Medo, ansiedade, inseguridade... Loita diaria a que perdan o medo a intentalo (aínda que por suposto tamén hai moita perguiza e comodidade)

A semana pasada, púxenlles este contiño de Galeano (2 minutos). Non vexo mellor maneira de romper co MARS:

http://www.youtube.com/watch?v=t87oqLxy-pA

Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/00321341957282594364noreply@blogger.com