2.3.24

Un problema clásico de circunferencias


Andaba argallando como debuxar circunferencias tanxentes cando pensei que esta cuestión merecía vir ao blog. Xulgade vós.


   

Na figura atopamos tres circunferencias tanxentes, as dúas pequenas exteriormente, e a grande contendo ás outras dúas. O voso traballo consiste en achar o valor do perímetro do triángulo ABC, formado polos centros das tres circunferencias.


E tedes sorte, que dunha das ferramentas máis útiles para pelexar con circunferencias e rectas tanxentes  falou hai nada Cibrán.


1 comentarios:

  1. Chamémoslle a, b e c aos raios das circunferencias de centros A, B e C, e x, y e z aos lados opostos aos vértices A, B e C. Entón z=a+b e polo tanto o perímetro será x+y+a+b. Se trazamos, desde C, os raios ata os puntos de tanxencia veremos que c=x+a=x+b. Velaí que o perímetro é 2c.
    Polo comentario final estiven unha chea de tempo dándolle voltas á inversión, pero por aí non din sacado nada.

    ResponderEliminar