- O primeiro no que pensa calquera que o tente resolver é en calcular as áreas sombreadas. Un pode fedellar un pouco ata decatarse de que non vai dar feito.
- En segundo lugar, o dato do intersección en ángulo recto non é esencial. Para sermos precisos, dá exactamente igual.
Como resolvelo entón?
Podería poñerme formal e dicir que a substracción é invariante ante translacións:
(A + x) − (B + x) = A−B
(en fin, cousas da carreira que estudou un)
... porén creo que é máis axeitado dicir que a diferenza entre as áreas sombreadas coincide coa diferenza entre as áreas dos dous círculos completos, pois o anaco que lles faltaba (o único sen sombrear) computámolo nos dous círculos.
E o cálculo das áreas dos dous círculos é, isto si, elemental:
π · 4² − π · 3² = 7π cm²
Implicitamente vemos que a área da intersección non inflúe na diferenza entre as áreas sombreadas, de tal xeito que aínda que os círculos non se intersecasen a diferenza sería a mesma; e tamén se un dos círculos está dentro do outro.
Outro feito interesante vémolo en que a idea de calcular as áreas das figuras completas funciona independentemente de que as figuras implicadas sexan círculos.