29.6.09

Un pouco de melancolía

Non fai mal de vez en cando. Está a chover aí fóra, quen diría que é 29 de xuño. A verdade é que cando estudaba a carreira sempre chovía no último exame de cada ano, arredor do 3 ou 4 de xullo. Pero aquilo era en Santiago.

Nada, ninguén se animou a buscar a solución do problema de pensamento lateral do outro día, así que creo que vou deixar o blog polo menos por un tempo. Hai un feixe de problemas sen resolver neste blog (refírome a problemas matemáticos) e hoxe vou poñer o último ata que teña ganas de volver comezar (quen sabe, quizais en setembro) ou vexa unha solución. Neste caso só tedes que saber cal é o seguinte número da seguinte sucesión, para o cal primeiro tedes que saber que relación hai entre os números e os debuxos:





Ultimamente estanse a poñer un pouco parvos de máis no Youtube co tema dos vídeos embbeding disabled by request. Así que hai que pasar un rato buscando outros vídeos coa mesma canción en directo, e que a actuación sexa boa, claro. Deste xeito, en troques de poñer o vídeo oficial de Creep, porei o dunha actuación do 2007:




Tampouco está permitido embeber o vídeo de Moby que tiña pensado, Why does my heart feel so bad, así que porei o vídeo desde Vimeo:

Why Does My Heart Feel So Bad? from Moby on Vimeo.


Se tedes ganas, ide á web de Moby. Está chea de cousas interesantes.


Vémonos en setembro.

5 comentarios:

  1. o numero e 30 e hai seis puntos na circunferencia que fan un hexagono e se une todos os puntos facendo un poligono estrelado hai 30 ocos

    feliz veran

    bos dias. alberto. ex-alumno de 1ºB

    ReplyDelete
  2. ainda non sei se e e 30 ou 32. nonsei...

    so ves da resposta

    ReplyDelete
  3. Ei, Alberto, que ledicia verte por aquí! O problema é un tanto enleado, pois non está claro do que fala. Pero como xa viches o importante, coméntocho: o nº é o maior número de ocos posible. E para 6 puntos non é 30 nin 32 (que é o que parece a simple vista na sucesión 1-2-4-8-16).
    É unha pena que non comentaras por aquí, que así sabería do teu blog.
    E que detallazo o de ex-alumno! Pásao moi ben no verán ,pois merécelo ben!

    ReplyDelete
  4. a cosa que despois de darlle voltas e voltas, so pode ser que sexa un hexagono irregular enton de 26 ainda que non concorda a sucesion.

    non sei, estou feito un lio... phufff

    adeus

    ReplyDelete
  5. Pensa no que dixen: tes que atopar o que hexágono que máis ocos deixe, e contalos.

    ReplyDelete