
Como prometera, aí vai outro problema de atopar o valor dunhas letras nunha operación:
Sabendo que A, B, C son cifras distintas, tedes que atopar o valor de A+B+C.
Pasádeo ben a fin de semana e traballade un pouco. Vémonos o luns.
"When I use a word... it means just what I choose it to mean"
Ourense e Ponferrada están conectadas por unha estrada. Co amencer Brais comeza a andar en bici de Ourense a Ponferrada, e simultaneamente Antía comeza a facer o mesmo, pero de Ponferrada cara Ourense. Ámbolos dous ciclistas circulan a velocidade constante e crúzanse ao mediodía. Brais chega a Ponferrada ás 17:00, e Antía a Ourense ás 23:15. A pregunta é:
A que hora amencera?
Cales foron os resultados de tódolos partidos?