A penúltima entrada nos Retallos de Matemáticas trouxo á memoria un vello problema que utiliza a mesma poderosa idea. Xulgade vós mesmos:
Imaxinade que temos unha bóla de billar colocada no punto de coordenadas (10,3). Dámoslle co taco sen efecto e a bóla, despois de rebotar en dúas bandas, chega ao punto (5,5). Cal foi a lonxitude do percorrido total da bóla?
![]() |
Poño os ángulos por se alguén non lembra a propiedade fundamental |
O que máis me presta deste problema é que pode resolverse por "forza bruta", dominando un chisco de Trigonometría. Mais non é necesario...