Para os alumnos de 3º B: xa está na wiki o segundo simulacro dos Temas 5 e 6, onde podedes ver problemas con ecuacións bastante difíciles.
Poño eiquí tamén o enlace:
Simulacro-2Para os esforzados alumnos de 2º A: na mañanciña do luns estará dispoñible o simulacro dos temas de polinomios e ecuacións.
Estudade Practicade, que boa falta vos fará...
Por certo, atopei unha web onde podedes practicar tódolos temas de Matemáticas da E.S.O. e o Bacharelato:
ematematicasSó tedes que seleccionar no menú da esquerda o nivel e a unidade, e sairán problemas variados para practicar.
Lembrade que a demo on-line do
WIRIS permite que comprobedes as vosas respostas, tanto a exercicios de polinomios como a ecuacións. Eu na vosa situación utilizaríao.
E para que non todo sexa Álxebra, Ecuacións e cousas así (que de tódolos xeitos, son temas bastante entretidos), probade a vosa memoria no seguinte xogo:
Camera MindEn cada nivel sairá un novo círculo branco que deberás sinalar facendo clic co rato. Terás que estar concentrado e ter boa memoria para avanzar!