
Hoxe non tiven un día demasiado bo (como docente, quero dicir), así que non teño ganas de poñer un problema demasiado matemático. En troques diso, propóñovos unha pregunta parva:
Temos un cuarto con 6 rapazas. No cuarto hai unha mesa cunha cesta con 6 mazás. Cada rapazas colle unha mazá, pero queda unha mazá na cesta. Como é isto posible?
Para acougar un pouco vou xogar ao Bloxorz, un xogo que vos recomendo, onde tedes que facer pasar o bloque polo burato. Simplemente iso.
pois porque unha rapaza colleu a cesta enteira e a maza dentro
ResponderEliminarComo ti dis, a pregunta é parva, xa que se cada moza colle unha mazá non queda nigunha na cesta.Saúdos.
ResponderEliminarNon, amigo anónimo, non, le a correcta solución (como tantas veces) de Ángela
ResponderEliminar