![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjvSDMzN7ag1PeBTNWonm0rM1-Mv0S11OZ57hSMyF-xvND4rSip7XS7vUt1nq_nr9Wv-zBNe5iV_70-8Z1RVjcmw5vW1FLAdDr4vhe9_xOEIUWrHNjZaKdcWSUuk55XV3wQmh-WUlmqWchs/s320/black_rose-2057.gif)
Non, non é a miña intención volverme de súpeto máis lírico do habitual. O título do post é o nome dun xogo que coñecín onte. Quizais sexa máis exacto denominalo puzzle, aínda que na web que o atopei aparece como un xogo. A ligazón é esta:
Petals around the rose
A web está en inglés, claro, pero as instrucións son sinxelas. Hai que darlle ao botón "Roll dice" (lanzar os dados), observar o resultado dos 5 dados e tentar adiviñar o número asociado a esa configuración. Ademais, na web comenta o que sucedeu cando lle presentaron a Bill Gates o xogo, e as tres únicas cousas que o que propón o enigma pode adiantar:
- O nome do xogo,
- O feito de que a resposta sempre é un número par,
- A resposta para calquera disposición dos dados.
Seredes quen de entrar na Irmandade dos Pétalos Arredor da Rosa?
0 comentarios:
Publicar un comentario