Como teño que estar catro horas á semana artificialmente anoxado nunha clase, non teño moitas ganas de temas serios fóra dela.
E así chegamos aos temas que quero comentar hoxe: xogos.
O primeiro é outro clon máis do Tetris, pero neste caso xogado sobre os lados dun cadrado (e por tanto a figura completa, en troques dun rectángulo, é un ortoedro). Chámase Tetris Cuboid 3D, e é bastante sinxelo, só resulta complicado cando non dá tempo para mover as pezas polas arestas do ortoedro:
Quizais debería crear unha etiqueta especial "Tetris", pois non sei xa cantos xogos baseados no xogo de Alexei Pajitnov terei comentado.
E no outro xogo, Time Paradox, creas copias do personaxe mediante máquinas do tempo que hai pola pantalla de xogo, tendo en conta que eses clons non poden atoparse, como é ben coñecido por tódolos fans da ciencia-ficción. Ademais, o teu personaxe só pode actuar durante 30 segundos, e cada máquina do tempo só pode ser utilizada unha vez, ata que perdas unha vida.
Observade por exemplo como o personaxe está agochado do seu clon nesta captura:
Aínda non xoguei moito ao Time Paradox, espero que os niveis superiores non decepcionen.
E se queredes saber máis do tema, hai un interesante e extenso artigo na wikipedia sobre as viaxes no tempo aquí.
como te quiero
ResponderEliminar¡falso!