5.4.13

Un exercicio interesante dun libro de texto

Como vin que varios alumnos de 3º tiñan problemas para imaxinar a gráfica dun exercicio de funcións do libro, estiven a fedellar co Geogebra para axudar á explicación. O exercicio fala dunha situación típica: un neno nun tiovivo é vixiado pola súa nai, parada fóra da atracción. Ao principio o neno está a 2 metros da nai, cando máis afastados están a distancia é 24 metros. A volta do tiovivo dura 30 segundos. O exercicio pide representar a función "distancia entre o cativo e a súa nai dependendo do tempo".

O applet non é unha marabilla, teño que recoñecelo, non fai exactamente o que pretendía que fixese, e aínda por riba coa falta de práctica tardei máis do necesario en resolver un par de problemas que xurdiron. Para ver todo o que hai nel teredes que afastar a gráfica e o tiovivo, non atopei o xeito de adaptar o applet ao largo do corpo do blogue.
Se queredes ver a folla de traballo en geogebratube ide a Tiovivo.




Sabedes un síntoma de que un se fai vello? Que esquece que está a traballar en radiáns...

0 comentarios:

Publicar un comentario