Recapitulemos o que vai desta olimpíada ata agora: o 1º problema, aritmético(factores), o 2º, xeométrico(circunferencias), o 3º, xeométrico-aritmético(rectángulos e razóns).
De que irá o 4º?
Pois si, de xeometría:
Lucas e Ana dividiron un cadrado de lado 60 cm en cinco partes de igual área como o que che mostramos. Cantos centímetros mide o segmento AB?
Aínda que é sinxelo, na miña opinión tamén é fermoso: non é inmediato, e hai que ter claro que é o esencial na área dun triángulo máis que a fórmula crúa.
Sen ter nin idea, teño a impresión de que puido ser o problema con máis solucións correctas. Hei preguntar.
0 comentarios:
Publicar un comentario