13.5.12

25 escaques

Imaxinemos un taboleiro de xadrez con 5 escaques de lado, de tal xeito que o taboleiro total ten 25 escaques. Se comezamos na esquina superior esquerda, calquera pode trazar unha liña que percorra todo o taboleiro coas condicións habituais:
  • Hai que pasar por cada escaque unha vez, e unha soa vez.
  • Non podemos erguer o lapis do taboleiro nin saír del.
O percorrido forma unha poligonal semellante a unha espiral ríxida que remata no centro do taboleiro.

O problema xorde cando tentamos facer esa liña comezando no escaque co punto vermello da figura:

Alguén pode trazar a liña por todo o taboleiro?


0 comentarios:

Publicar un comentario