30.4.12

Tes memoria visual?

Proba con este xogo, itty 8bitty:

Ludum Dare 23

A mecánica é ben sinxela: tes uns intres para memorizar o camiño de celas brancas que leva da inicial azul á final verde. Cando desaparece a grella só tes que reproducir coas teclas de dirección ese camiño.

O que resulta interesante deste xogo consiste na variedade de métodos que se poden empregar para memorizar o camiño: podemos tentar lembrar a figura completa, de tal xeito que ao reproducila só temos que camiñar pola memoria; podemos tamén, mentres aínda vemos a grella, ir dicindo as direccións en secuencia (↑←↓→↓...) para despois reproducir o camiño "escoitando" as direccións; e tamén cabe a posibilidade de lembrar a figura dividida en anacos (L-]-...). E estes son só os métodos que pensei eu mentres xogaba. Sería agradable coñecer os que empreguen os eventuais xogadores/lectores deste blogue.

O xogo é curtiño mais é ben entretido, axeitado para pasar un anaco.

0 comentarios:

Publicar un comentario