13.9.11

Un rápido de moedas



Navegando polos comentarios de blogs doutros profesores de Matemáticas atopei un par de problemas de moedas algo distintos do habitual, é dicir nin moedas que teñen un peso diferente das demais, nin voltas mínimas que se poden dar cunhas moedas dadas. Este é máis sinxelo que eses problemas, e por iso é probable que utilice este curso algún problema semellante:

Amalia, Brais, Carla e David teñen certa cantidade de moedas, todas con valores de 1, 2, 5, 10, 20, 50 ou 100 céntimos de euro. Amalia ten o dobre de cartos que Brais, Brais o dobre que Carla, Carla o dobre que David; e todos teñen dúas moedas. Cantos cartos ten cada un?

0 comentarios:

Post a Comment