Amosando publicacións coa etiqueta Club. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club. Amosar todas as publicacións

14.4.11

Club Matemático(6)


  • Problema Nº 6- Categoría 1º-2º de E.S.O.: Cadrados e Triángulos
Es quen de debuxar 2 cadrados e 4 triángulos rectángulos utilizando só 8 segmentos rectos?

  • Problema Nº 6- Categoría 3º-4º de E.S.O.: Velocidade Media
M. Bros vai facer unha viaxe de ida e volta de Vigo á Coruña. Quere manter unha velocidade media de 100 km/h. Ao chegar á Coruña observa que mantivo unha velocidade media de 50 km/h. Cal ten que ser a súa velocidade media na viaxe de volta para acadar o seu obxectivo de ter unha velocidade media global de 100 km /h?

26.3.11

Club Matemático(5)

Comeza a 3ª Avaliación (que vai ser moi, moi longa) e volven os problemas do Club Matemático, que levaban un tempo deixados de lado por mor dos exames, recuperacións, notas... Imos aló:

  • Problema Nº 5- Categoría 1º-2º de E.S.O.: 20 puntos
Na imaxe podes ver 20 puntos unidos por uns cantos segmentos. Comezando polo punto que queiras, tes que pasar por tódolos puntos da figura unha soa vez, e volver ao punto de partida. E ten en conta que non tes que pasar por tódolos segmentos:



  • Problema Nº 5- Categoría 3º-4º de E.S.O.: Triángulo e Hexágono
Un triángulo equilátero e un hexágono regular teñen o mesmo perímetro. Cal é a razón entre as súas áreas? Quizais co debuxo non sexa necesario facer raíces cadradas raras...


5.3.11

Club Matemático(4)






Math Doodling, de Vi Hart

Nestes días previos aos exames finais da avaliación (por se alguén o esquecera), imos aproveitar para propoñer uns problemas ao Club Matemático un pouco máis sinxelos:

  • Problema Nº 4- Categoría 1º-2º de E.S.O.: Cadrados numéricos.
Os números dos dous cadrados seguintes seguen a mesma regra de formación. Cal é o número que falta no segundo cadrado?


  • Problema Nº 4- Categoría 3º- 4º de E.S.O.: Número 100.
Tes que chegar ao resultado 100 introducindo só 3 símbolos entre os números seguintes:


A ver se teñen máis éxito que os de Club Matemático(3)!

20.2.11

Club Matemático(3)

Ben, xa pasou outra semana e é tempo de comprobar que tal andan as neuronas. Antes de propoñer dous novos problemas, vexamos as solucións aos problemas que levamos ata o momento:

  • 10 moedas en 3 vasos.
Este problema foi resolto por Rubén, Elena, David de 1º C e Tomás de 2º C. As varias solucións que atoparon utilizan todas o mesmo truco, como podemos ver na solución de David:
No primeiro vaso pos 5 moedas, no segundo 1 moeda e no terceiro, as 4 moedas que quedan. E pensaredes, pero 4 non é impar. Pero aínda falta o mellor: mete o vaso cunha soa moeda no vaso que ten 4, e así terán 5, 1 e 5!

  • Os dous cadrados.
Foi resolto por Rubén de 2º C. A súa solución é así:



Vaiamos cos dous novos problemas:

  • Problema Nº 3- Categoría 1º-2º de E.S.O.: Un cadrado en dous anacos.
Es quen de partir o seguinte cadrado en dous anacos da mesma forma e tamaño que teñan o mesmo número de cada tipo de símbolo?





  • Problema Nº 3- Categoría 3º-4º de E.S.O.: O texto cifrado.

Só tedes que descifrar este texto, escrito en minúsculas e mantendo as vogais con til para axudarvos:


gqyqe fedqlgbcqo sfogcfe b wqñ drbcb yf frcqoy xbrbzb yf ebicqo f qe bofle yf tqyfc f yf dboyq xqcqo xqcmbyqe ob efhioyb lybyf yq sioyq, sqlgq gfstq bgcÁe. brhÚoe dqpfdÍbo ioub tbcgf yb ulegqclb, tfcq olohiÉo yq tclodltlq bq xlo, f sqlgqe qrrqe wqrwÉcqoef b frcqoy dqo sfyq f beqszcq sfogcfe rrfe xbrbzb yqe xfccflcqe frxqe yf fcfmlqo f yb bslñbyf aif glpbo dqbe mfogfe yf sqclb f yf dqsq yfefmbzbo dqpfdfrq gqyq f yf dqsq fegb loailfgiyf xÍmqqe dbfc fo sboe yf ebicqo.

11.2.11

Club Matemático(2)

Chega o venres, e debido a que os problemas anteriores non foron aínda resoltos por alumnos abondo (algunha solución si que vin xa, que conste), propoño hoxe dous novos problemas, esperemos que teñan mellor acollida:

  • Problema Nº 2- Categoría 1º-2º de E.S.O.: Os dous cadrados
Movendo soamente tres mistos, tes que transformar os dous cadrados da figura en tres cadrados:





  • Problema Nº 2- Categoría 3º-4º de E.S.O.: Do 1 ao 15
Coloca os números do 1 ao 15 nas celas do seguinte rectángulo de tal xeito que tódalas columnas teñan a mesma suma e tódalas ringleiras teñan a mesma suma:



O prazo para entregar solucións aos catro problemas que levamos publicados remata o venres que vén. Ánimo!

3.2.11

Club Matemático

Os profesores de Matemáticas do I.E.S. Punta Candieira queremos celebrar publicamente que temos alumnos con suficiente iniciativa para poñer en marcha un Club Matemático. Para axudarlles en tal obxectivo iremos propoñendo neste blog (e tamén no taboleiro do propio centro) algúns problemas xeométricos, lóxicos... ou simplemente pensados con "mala idea" para que teñan que empregar os miolos.

En principio clasificaremos os problemas en dúas categorías, a primeira para alumnos de 1º e 2º de E.S.O. e a segunda para alumnos de 3º e 4º de E.S.O. Se no futuro houbese alumnos de bacharelato con forza abondo para pensar (aínda máis do que teñen que facer xa nas clases habituais), pensaríamos na posibilidade de facer outra categoría.
Para entregar as vosas solucións podedes contactar con calquera profesor do departamento de Matemáticas do instituto. No futuro os problemas propostos neste club serán accesibles mediante a etiqueta "Club" que atoparedes na nube de etiquetas da dereita (embaixo do Arquivo).


Para inaugurar esta sección, hoxe temos dous problemas na miña opinión ben interesantes, e por tanto, non demasiado sinxelos:


  • Problema Nº 1-Categoría 1º-2º de E.S.O.: 10 moedas en 3 vasos

Es quen de colocar 10 moedas en 3 vasos de tal xeito que en cada vaso haxa un número impar de moedas?




  • Problema Nº 1-Categoría 3º-4º de E.S.O.: Rectángulos e perímetros
O rectángulo da figura foi dividido en 9 rectángulos máis pequenos. No debuxo podedes observar o perímetro de 5 deles. Es quen de calcular soamente con estes datos o perímetro do rectángulo grande?