Amosando publicacións coa etiqueta PISA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta PISA. Amosar todas as publicacións

8.7.13

Contra PISA

A OCDE vén de presentar o seu estudo "Education at a glance 2013". Se aínda hai algún incauto que non saiba que é a OCDE e o papel que xoga actualmente na educación, poderiamos traer á memoria a película Hellraiser e aquel perigoso dispositivo que abría portas polas que podían pasar seres coma Pinhead:


De cando os monstros merecían ese nome

Pois a OCDE, organización para a cooperación e o desenvolvemento económicos, funciona hoxe como o oráculo da educación nos países que pertencen a ela. Pasando por riba de organizacións con obxectivos máis claramente relacionados coa eduación como a UNESCO. Non lles chega con fracasar nas políticas económicas (o carácter visionario do seu presidente, Ángel Gurría, sobre esta crise é cósmico) que agora pretenden vir á educación a emporcallar. Cando a súa seriedade tería que ser cuestionada por calquera persoa educada.

E cal é o instrumento que utilizan para emporcallar? Principalmente o informe PISA (Program for International Student Assessment), estudo realizado cada 3 anos desde o 2000 no que os estudantes de 15 anos (non os dun curso concreto, os desa idade) son avaliados en lectura, matemáticas e ciencias. Para sermos exactos, son avaliados no que a OCDE considera que é lectura, matemáticas e ciencias. Algún lector haberá por aí fóra que lembre que disto de PISA xa teño falado no 2010, e coa mesma teima, nos posts consecutivos PISA, outra vez e Mentres poño un exame.
Comparemos os criterios de avaliación que temos que aplicar os profesores de secundaria de Matemáticas co tipo de ítem incorporado en PISA. E lembremos que eses criterios non son escollidos polos profesores, senón pola administración, é dicir, o goberno de turno. A comparación aínda sería máis irrisoria se fosemos ao contidos, que son do estilo de "Resolución de ecuaciones de primer y segundo grado con una incógnita. Sistemas de dos ecuaciones lineales con dos incógnitas." Todo isto podédelo atopar no Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, no BOE de 5 de xaneiro de 2007.

Primeiro os criterios de avaliación:

1. Utilizar los números racionales, sus operaciones y propiedades, para recoger, transformar e intercambiar información y resolver problemas relacionados con la vida diaria.
2. Expresar mediante el lenguaje algebraico una propiedad o relación dada mediante un enunciado y observar regularidades en secuencias numéricas obtenidas de situaciones reales mediante la obtención de la ley de formación y la fórmula correspondiente, en casos sencillos.
3. Resolver problemas de la vida cotidiana en los que se precise el planteamiento y resolución de ecuaciones de primer y segundo grado o de sistemas de ecuaciones lineales con dos incógnitas.
4. Reconocer las transformaciones que llevan de una figura geométrica a otra mediante los movimientos en el plano y utilizar dichos movimientos para crear sus propias composiciones y analizar, desde un punto de vista geométrico, diseños cotidianos, obras de arte y configuraciones presentes en la naturaleza.
5. Utilizar modelos lineales para estudiar diferentes situaciones reales expresadas mediante un enunciado, una tabla, una gráfica o una expresión algebraica.
6. Elaborar e interpretar informaciones estadísticas teniendo en cuenta la adecuación de las tablas y gráficas empleadas, y analizar si los parámetros son más o menos significativos.
7. Hacer predicciones sobre la posibilidad de que un suceso ocurra a partir de información previamente obtenida de forma empírica o como resultado del recuento de posibilidades, en casos sencillos.
8. Planificar y utilizar estrategias y técnicas de resolución de problemas tales como el recuento exhaustivo, la inducción o la búsqueda de problemas afines y comprobar el ajuste de la solución a la situación planteada y expresar verbalmente con precisión, razonamientos, relaciones cuantitativas, e informaciones que incorporen elementos matemáticos, valorando la utilidad y simplicidad del lenguaje matemático para ello.

Agora observemos un par de problemas, extraídos da publicación do Instituto Nacional de Evaluación Educativa, PISA 2003. Pruebas de Matemáticas y de Solución de Problemas. Collidos ao chou, como en PISA, outra vez:

Campeonato de ping-pong
Tomás, Ricardo, Luis y David han formado un grupo de entrenamiento en un club de ping-pong. Cada jugador quiere jugar una vez contra cada uno de los otros jugadores. Han reservado dos mesas de ping-pong para estas partidas. Completa la siguiente plantilla de partidas escribiendo los nombres de los jugadores que jugarán en cada partida.
En serio, isto é un ítem en PISA
Monopatín
Marcos es un gran fan del monopatín. Entra en una tienda denominada PATINADORES para mirar algunos precios. En esta tienda puedes comprar un monopatín completo, o puedes comprar una tabla, un juego de 4 ruedas, un juego de 2 ejes y un conjunto de piezas para montar, y montar tu propio monopatín. Los precios de estos productos de la tienda son:
Producto                                                        Precio en zeds
Monopatín completo                                         82 ó 84
Tabla                                                             40. 60 ó 65
Un juegos de 4 ruedas                                      14 ó 36
Un juego de 2 ejes                                               16
Un juego de piezas para montar
 (cojinetes, almohadillas
de goma, tornillos y tuercas)                            10 ó 20

Pregunta 25: Marcos quiere montar su propio monopatín. ¿Cuál es el precio mínimo y el precio máximo de los monopatines montados por uno mismo en esta tienda?
(a) Precio máximo: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .zeds

(b) Precio mínimo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .zeds
Pregunta 26: 
La tienda ofrece tres tablas diferentes, dos juegos diferentes de ruedas y dos conjuntos diferentes de piezas para montar. Sólo hay un juego de ejes para elegir. ¿Cuántos monopatines distintos puede construir Marcos?
A) 6
B) 8
C) 10

D) 12
Pregunta 27:
Marcos tiene 120 zeds para gastar y quiere comprar el monopatín más caro que pueda. ¿Cuánto dinero puede gastar Marcos en cada uno de los 4 componentes? Escribe tu respuesta en la tabla de abajo.
Componente                                                        Precio en zeds
Tabla
Ruedas
Ejes
Piezas para montar

A pregunta é obvia: Se os novos oráculos da educación van avaliar o sistema educativo completo en función destes items, para que carallo traballamos os distintos tipo de números, a notación científica, os polinomios, as progresións aritméticas e xeométricas, a representación gráfica de funcións lineares, a resolución de ecuacións de 1º e 2º grao, as bicadradas, as irracionais, os sistemas de ecuacións, a semellanza xeométrica, o Teorema de Pitágoras e o de Tales, os corpos xeométricos, os movementos no plano, a estatística, a probabilidade...
(Para sermos honestos, a interpretación de gráficas e de táboas estatísticas si que lles gusta aos economistas, o azar non quixo que incluíse un problema no que aparezan)
Para que? Por que non traballamos items nos que haxa que realizar unha operación elemental (ou dúas como moito) despois de desfacer a lea de texto na que vén disfrazado para que pareza un problema real? En definitiva, por que non deixamos a un lado as Matemáticas para rascar un par de puntos en PISA?

Se isto non fose abondo, os profesores nunca chegamos a saber como o fan os nosos alumnos nestes tests. A puntuación da que falan os ignorantes xornalistas é unha media que toma como referencia a media da OCDE. Así que realmente non sabemos cales son as puntuacións dos alumnos españois, só en que posto está a súa media con respecto ás medias dos demais países da OCDE. O lector atento verá que isto non promove a educación e a aprendizaxe. Promove a competencia. E do xeito máis trampulleiro que poidamos imaxinar. Noxo, e moito,  é o que dá.

14.12.10

Mentres poño un exame...

Vou descansar un pouco de pensar no exame de mañá de fraccións (2º de E.S.O.), e vou aproveitar para comentar os problemas de PISA do último día.

En primeiro lugar, hai que salientar que o primeiro problema, Bookshelves, apareceu no cuestionario do 2003, mentres que o segundo, Student Heights, non foi incluído en ningún cuestionario senón que pertence ao estudo de campo.

Comecemos por Bookshelves:

A reflexión que leva á solución do problema forma parte dunha competencia non traballada explicitamente no ensino secundario: os profesores de Matemáticas esperamos dos nosos alumnos o nivel de sentido común necesario para resolver problemas deste estilo sen que nós mesmos teñamos que rilar os pasos. Podemos afirmar que os problemas que nós traballamos nas aulas son "de máis nivel". Aínda así, hai alumnos que poden fallar neste problema, e ata podo aventurar unha razón: o enunciado do problema lembra lixeiramente a aqueles "problemas tipo" de 1º de E.S.O. onde aparecían varios números e había que facer o mínimo común múltiplo (p.ex.: un barco sae do porto cada 12 días, outro cada 15 días...) ou o máximo común divisor (p.ex.: se Ana e Brais teñen 48 e 36 lambetadas , respectivamente, e queren facer bolsas con elas co maior número posible de lambetadas...)
En calquera caso, fallar este problema denota escasa comprensión ou demasiada présa ao lelo (ou as dúas cousas). Está claro que o que temos que pensar é en de que peza temos máis escaseza, ou dito doutro xeito, para cantos mobles chega cada peza, o que vén representado polas divisións: 26:4= 6'5, 33:6=5'5, 200:12=16'333..., 20:2=10, 510:14=36'42...
Estas contas amosan que só temos táboas pequenas abondo para facer 5 mobles.
Sorprendentemente, os alumnos españois só obtiveron un 57% de acerto neste problema, fronte a un tamén pobre 61 % da OCDE.

En canto ao segundo problema, Students Heights, o primeiro que teño que comentar é que cae fóra do estilo de problemas que habitualmente traballamos os profesores de España (sempre pola miña propia experiencia, tanto por compañeiros directos como pola rede). E por que? Pois porque normalmente os problemas propostos adoitan ser problemas máis "pechados", en canto a que hai que pensar brevemente sobre o enunciado e despois escoller a operación ou algoritmo que hai que aplicar para chegar á solución desexada (como nota curiosa, moitas veces despois da 1ª operación, ao chegaren a un número como resultado, os alumnos esquecen que hai que seguir...), e esta solución é única, e moitas veces só hai un xeito de chegar a ela.
O problema Student Heights propón varias afirmacións e manda decidir sobre a súa veracidade. Coa dificultade engadida de que tódalas sentenzas resultan ser falsas. Como chegar a esa conclusión?
Un profesor de Matemáticas, ante un problema como este, o que pensa é: para que nivel está pensado? E por que? Porque dependendo da resposta buscará un tipo de solución ou outra.
Hoxe en día, a solución á que máis inclinados somos os profesores, a puramente alxébrica, non a vexo factible para ningún curso do instituto, nin sequera para o bacharelato. A solución esperada consiste en que o alumno pense casos particulares dentro das condicións do problema e vexa que sucede, de tal xeito que deduza que ningunha das afirmacións ten por que ser certa(contraexemplo, na xerga matemática):
  • Un dos alumnos pode ser un rapaz de 160cm. e o outro unha rapaza de 150 cm.
  • Os dous alumnos poden ser dous rapaces, un de 165 cm. e o outro de 155 cm., por exemplo.
  • As situacións anteriores serven como contraexemplos.
  • Esta é a áfirmación que é menos obvia, pero tampouco é demasiado complicada: se entran dous mozos de 160 cm., é obvio que, sen trocar as medias por sexos, como a media anterior tiña que estar entre 150 e 160, estes dous mozos soben a media da clase.
  • Se entran dous mozos de 191 e 129, Zdenek xa non é o máis baixo.
É tan difícil entón o problema? A resposta ten que ser afirmativa, pois non adoitamos preparar aos alumnos para reflexións desta índole. Vede o que pasou nun problema de 2º de E.S.O. da unidade de Números Enteiros:
Ante o problema: Se n é un enteiro negativo, cal dos seguintes números é maior?
  • -3n
  • 3n
  • n-3
  • 9n-3
  • n-9
(Para os virtuais lectores compañeiros de profesión, este era o último exercicio do exame e só valía 0'5, a proba está aquí)

A solución formal é breve: o primeiro número, pois é o único número positivo entre os cinco.
Pero ninguén probou cun exemplo, é dicir, ninguén colleu un número enteiro negativo como o -5 e probou cos números: 15, -15, -8, -48, -14.
Así que é comprensible que os alumnos, ante un problema así, non teñan claro que método seguir.
Outro día collo outros problemas de PISA, tamén ao chou.

10.12.10

PISA, outra vez

Sabes que tipo de problemas matemáticos aparecen nos cuestionarios de PISA? Nalgún xornal comentan a relación entre ese tipo de problema e o curriculum en España?
O día da presentación de resultados cheguei a escoitar a un locutor de radio dicir que aos alumnos españois non se lle dan ben as ecuacións nin as raíces cadradas, demostrando a súa ignorancia simultaneamente sobre o curriculum en España (raíces cadradas? alguén salientaría hoxe en día iso?) e sobre as competencias avaliadas en PISA (ecuacións? en serio?). Precisamente, se en PISA avaliasen o dominio das ecuacións dos nosos estudantes os resultados serían mellores.

Vou facer unha proba: vou coller ao chou dous problemas do arquivo Take the Test-Sample questions from OECD's PISA Assessments (que está na web da OECD, aquí). Sede sinceros e probade vós mesmos a resolvelos.

Os dous problemas son:
  1. Problema 16: Bookshelves. Para completar un moble, un carpinteiro necesita as seguintes pezas:
    • 4 táboas grandes.
    • 6 táboas pequenas.
    • 12 clips pequenos.
    • 2 clips grandes.
    • 14 parafusos.

    O carpinteiro ten 26 táboas grandes, 33 táboas pequenas, 200 clips pequenos, 20 clips grandes e 510 parafusos.
    Cantos mobles pode fabricar?

  2. Problema 39: Student Heights. Nunha clase de matemáticas, un día, as alturas de tódolos alumnos foron medidas. A altura media dos rapaces foi 160 cm., mentres que a das rapazas foi 150 cm. Alena foi a máis alta-a súa altura foi 180 cm. Zdenek foi o máis baixo-a súa altura foi 130 cm. Dous estudantes faltaron a clase ese día, pero asistiron o día seguinte. As súas alturas foron medidas, e as medias foron re-calculadas. Sorprendentemente, a altura media das rapazas e a altura media dos rapaces non cambiaron. Cales das seguintes conclusións poden ser deducidas desta información?
  • Ámbolos dous estudantes eran rapazas.
  • Un dos estudantes é un rapaz e o outro unha rapaza.
  • Ámbolos dous estudantes teñen a mesma altura.
  • A altura media de tódolos estudantes non cambiou.
  • Zdenek é aínda o máis baixo.

Supoño que tódolos lectores pensarán que é máis complicado o segundo problema que o primeiro. E os que coñezan o curriculum pensarán que para resolver o primeiro problema non é necesario absolutamente ningún contido específico das Matemáticas da E.S.O. E, finalmente, que o segundo problema, estando relacionado con contidos de tratamento da información (como podedes comprobar no curriculum en vigor, aquí), non é semellante aos problemas propostos nas nosas aulas.

Outro día comento como poderíamos resolver os problemas. Hoxe só quero compartir, cando volvemos escoitar comentarios sobre o nivel dos alumnos de Finlandia (aínda que a moda agora é falar de Shanghai e outros territorios do leste), a opinión de moitos profesores de Finlandia tralos resultados do 2006, publicada na Gaceta de la Real Sociedad Matemática Española:


Ben, creo que tanta seriedade é abondo. Relaxemos un pouco: