Amosando publicacións coa etiqueta Fractais. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Fractais. Amosar todas as publicacións

10.2.11

That cold beauty...

...Da que falaba Bertrand Russell é menos fría cando nos referimos aos fractais...






Atopei esta impresionante animación no blog de cousas curiosas The Presurfer. Eu téñoo gardado no Google Reader, é interesante pasarse cada certo tempo por aló, pois o autor, Gerard Vlemmings, actualiza con historias realmente sorprendentes con certa frecuencia.

9.11.10

Máis fractais, pero...

Non é a primeira vez (nin a segunda) que traio o tema dos fractais a este espazo. Ata agora levo incluídas imaxes estáticas impactantes ou dinámicas, nas que se levan a cabo viaxes por fractais bi ou tridimensionais.

Nesta ocasión é axeitado volver a falar de fractais porque hai unha novidade realmente interesante: os creadores deste vídeo foron quen de crear fractais sen utilizar ningún software complicado, nin sequera edición de vídeo. A explicación está no vídeo en youtube, pero déixovos un avance: puxéstesvos algunha vez entre dous espellos case paralelos?




16.6.09

Is it getting better?










or worse...?

Non sei a resposta, pero desde logo que se nota que estamos pola metade de xuño. En 2º de E.S.O. estamos traballando Xeometría, e menos mal, pois se chegamos a estar agora no bloque de Álxebra (imaxinade agora a fórmula da solución da ecuación xeral de 2 grao) non creo que ninguén aprendera nada.

Estiven consultando as típicas olimpíadas doutros países que xa están rematadas a estas alturas do curso, e collín este problema da fase rexional da olimpíada arxentina:

Inicialmente hai un número natural escrito no encerado. O Álex ten que escribir unha sucesión de números naturais utilizando en cada paso unha das seguintes operacións (pode escoller cal):
  • Se o último número escrito é n, Álex pode escribir o número 3n+13
  • Se o último número escrito é n, e n é un cadrado perfecto, Álex pode escribir a raíz cadrada de n.
As cuestións para pensar son as seguintes:
  1. Se o número inicial é 81, decidir se Álex pode escoller as operacións axeitadas para obter nalgún momento o número 55.
  2. Se o número inicial é 55, decidir se Álex pode escoller as operacións axeitadas para obter nalgún momento o número 81.

E por certo, a imaxe da cabeceira representa o Conxunto de Julia, un tipo de fractal máis, como o do vídeo do primeiro post deste blog (aló polo 6 de xaneiro, enlace aquí).
E o título do post está collido do comezo dunha canción de U2, One, ben coñecida. Pero o seu vídeo oficial non pode incluírse desde o Youtube en blogs, así que poño outra versión tamén con moita sona:





Tamén vou poñer outra canción que lle queda ben ao momento no que estamos. Para non sobrecargar o post inclúo a canción desde o goear, pois acabo de lembrar un vídeo que vin hai unha semana que me pareceu curioso.






E para rematar o vídeo que dixen antes:




Abur!

6.1.09

Comezando

Por fin teño un espazo para comentar os enlaces sobre Matemáticas interesantes que vou coñecendo. Ademais eiquí poderedes atopar os materiais da aula habitual.
Para comezar, un vídeo sobre os fractais, uns dos obxectos matemáticos máis utilizados hoxe en día na arte:

Se queredes saber máis sobre este tema, podedes metervos na Wikipedia:
http://es.wikipedia.org/wiki/Fractales