Un problema de pensamento lateral que non precisa cálculo ningún, aínda que fala de cartos:
Un home entra nun bar e pon 1 € na barra."Unha cervexa, por favor", dille ao camareiro. O camareiro pregunta: "Negra ou tostada?" "Cal é a diferenza de prezo?" pregunta o cliente. "A tostada custa 0,9 €, mentres que a negra custa 1 €", contesta o camareiro. "Moi ben, pois tomarei unha negra" Pouco despois entra outro cliente no bar e coloca 1 € na barra. "Unha cervexa, por favor", dille ao camareiro. Este, sen preguntarlle nada, ponlle unha cervexa negra.
Como soubo o camareiro que tipo de cervexa quería o segundo cliente?
Como todo o mundo xa coñece este problema, que é o típico exemplo que poñemos os profesores de pensamento lateral (thinking outside the box, nunca mellor dito):
Unir os 9 puntos mediante 4 segmentos rectos sen levantar o lapis do papel
Pois hoxe haberá que poñer un menos coñecido.
Aquí tedes doce puntos unidos por cinco segmentos rectos:
O problema consiste en unir os doce puntos con cinco segmentos pero de tal xeito que o camiño comece e remate no mesmo punto (no debuxo anterior comeza na esquina superior dereita e remata na inferior esquerda, así que non valería).
...de todo. Onte na blogosfera non se falaba doutra cousa, e non me refiro á morte de Michael Jackson, que tamén. Estou a falar desta imaxe:
Na que o sorprendente é que as dúas espirais que non son rosas son da mesma cor! Non é alucinante? Se non volo credes, baixade a imaxe e abrídea co Photoshop (ou mellor, co GIMP) e observade os códigos desas cores. Exactamente os mesmos.
Como dicía, esta imaxe foi comentada nunha morea de sitios, agora lembro: Neatorama, Discover, Microsiervos, ALT1040. En calquera deles atoparedes unha explicación da razón desta ilusión óptica, grosso modo podemos dicir que ten que ver con que o ollo humano non recoñece cores absolutos, senón que distingue cores por comparación coas demais cores próximas. Nunca vos pasou que non estades seguros de se unha peza de roupa é azul escura ou negra (ou verde ou azul) e non o soubestes ata que comparastes con outra? Pois por aí vai a cousa.
Hoxe non vou poñer ningún problema de Matemáticas, en troques hoxe toca un problema de pensamento lateral, como os que resolvestes na clase os últimos días do curso. Xa sabedes, conto unha historia moi curta con poucos detalles, e vós tedes que facer preguntas para averiguar o que pasou. A ver se vos animades! Velaí tedes:
Un home salta por unha fiestra, e no preciso instante no que está polo aire, soa o teléfono, e el, mentres cae, arrepíntese de terse guindado.
Xa sabedes? Veña, animádevos.
E para acabar, unha cousa que nunca pensei que fose colgar aquí, pero que o momento obriga. Como nin morto deixa colgar os seus vídeos noutras webs, escoitade as cancións e ide ao youtube a ver os vídeos: