Xa sei que hoxe tocaría resolver o problema 5 e propoñer un novo, mais creo que a serie que levo xa é abondo para este verán, e ese último problema vai quedar sen solución. Vou pechar durante unhas semanas o blogue, non sen antes traer uns xogos cun regusto claramente matemático:
- O primeiro, Alcazar, avisa claramente na 1ª pantalla: Entra por unha porta, sae por outra. Cruza cada cadrado unha soa vez. Cada puzzle ten unha única solución. Axiña levaremos unha sorpresa, pois é habitual que haxa máis de dúas portas:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEgfPgsUcyn7kMz_cemXnzCiDteuzEqkw5A4wQmgYD7ce7g3pIttnaF32-M8ztApgwlg0aLael9tcNR0qSn4NgxuY1K_Xzb21qVn4hn3zZvUjP47bDom-caWJ6mOlfnw-QBMh2B3jZ3W1GE5/s1600/Alcazar.PNG) |
Por cal entras e por cal saes? |
- O segundo, Game about Squares, é exactamente o que di o título, aínda que iso non sirva de moito. Para entender que hai que facer, observade o pantallazo dunha fase inicial:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhQ01rEkvkrPzFYh8jiScWi1rT00vRFXpGiARLKK6W0LOlMh7zBZSrZhYhdIeBwVY7g9UpgUk3gv7O6oGAmhKIOndOXOVQfgbVFk88sm1K9nXu5Aq9OaSvIzyc95cKn_5p3UbGJKpaRDvUI/s1600/Game+about+squares.PNG) |
Só non, con amigos si |
- Por último, Aaaah! I'm Being Attacked by a Giant Tentacle! podería ser o título dunha película de Roger Corman, mais é un intelixente xogo do que só podo desvelar que o obxectivo de cada fase é queimar o tentáculo xigante que te atrapou. A mecánica é moi interesante, e ten que ser descuberta polo xogador con cada novo reto:
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjzdm_n7P6FNKjh7XmEEO_VvNpkUP0ie4eo27ANujb3EhmlS9ukmRyP64F9_ER618f4-F071WTsJ3eCPSQoIQtzcEyglQIrlep3Re-pV-585RuwE-4TaEpedVDuRme0hOa8xgqGGgQPc5ky/s1600/Giant+Tentacle.PNG) |
Non contedes con matar o tentáculo mediante extensión |
Pois o dito, vémonos seguramente en setembro.