Amosando publicacións coa etiqueta Literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Literatura. Amosar todas as publicacións

25.6.12

Blade Runner

It's too bad she won't live! But then again, who does?

Continuando cos aniversarios, hoxe van 30 anos da estrea de Blade Runner. Película de culto geek por excelencia, pasou á historia na época na que a xente compartía películas en formato VHS e non nas redes P2P (eu non coñezo a ninguén que a vise na súa estrea nos cines). Aínda que non debe de quedar humano nin replicante sen sabelo, a película está baseada máis ou menos libremente no relato longo (ou novela curta, non estou seguro) de Philip K. Dick Do androids dream of electric sheep? (Soñan os androides con ovellas eléctricas?). Non é a única película baseada en relatos ou novelas de Dick, en realidade hai unha longa serie: Total Recall (Desafío Total) é unha versión cinematográfica de We can remember it for you wholesale, Minority report do relato do mesmo título, o mesmo sucede con Paycheck , Screamers (Asasinos cibernéticos, vaia título!) transcribe ao cine Second Variety,... e moitas outras, de resultado irregular.

Blade Runner pasou desapercibida nas salas de cine, circunstancia á que axudou que foi estreada só dúas semanas despois de E.T., que obviamente é ciencia ficción máis axeitada para o gran público. Ao mito creado arredor da película contribuíu que Philip K. Dick non chegou a vela estreada, e a montaxe final deu lugar a multiplicidade de historias que tentaban explicar baleiros ou trampas no guión. O propio director, Ridley Scott (que xa creara outra grandes obra do cine de ciencia ficción, Alien) levou a cabo un Director's cut en 1992, e aínda houbo un Final Cut en 2007.

Como coincidencia inquietante, observade este texto en forma xornalística que servía de introdución ao libro:


A TURTLE WHICH EXPLORER CAPTAIN COOK GAVE TO THE KING OF TONGA IN  
1777 DIED YESTERDAY. IT WAS NEARLY 200 YEARS OLD. 

(No relato de Dick a relación dos humanos cos animais e as súas emulacións cibernéticas cobra máis importancia que na película)

Comparade con esta nova da BBC de hoxe mesmo:

A dirección do Parque Nacional das Illas Galápagos informou de que O Solitario Xurxo, unha tartaruga xigante de arredor de 100 anos e que se pensa que é a derradeira da súa especie, acaba de morrer.

Lembro Blade Runner desde que a vin de neno na televisión. Probablemente o xénero de ciencia ficción e a estética, tanto no referente ao visual como á música, foi o que me chamou a atención, realmente non creo que entendese a historia a primeira vez. Anos despois volvín vela unha morea de veces. En canto tiven a oportunidade lin tamén o relato que lle deu orixe, que non é un dos meus preferidos de Dick, seguramente poría antes nunha listaxe as novelas Ubik e Our friends from Frolix 8 ou , en relatos breves, Second Variety. Estou certo de que a película en certo sentido transcendeu a súa orixe literaria, suceso non moi común, desde o meu punto de vista.

Se tedes a sorte de non ter visto a película, non esperedes máis, baixádea xa. E se dades co libro lédeo tamén, e non vos paredes aí, buscade as coleccións de relatos de Philip K. Dick. É un verdadeiro pracer. Crédeme.

Para rematar este revival, que sorte que teñamos un artista, Anders Ramsell (nacido un ano antes da estrea), que está a recrear a película mediante unha animación feita sobre... acuarelas!


4.12.09

Correndo, sempre correndo




E sempre chego tarde, como o coello de Alice in Wonderland que vedes enriba. Por certo, non lembro xa quen mo preguntara, pero a frase que serve como subtítulo do blog:

"When I use a word... it means just what I choose it to mean"

está tomada da continuación dese libro, Through the looking glass and what Alice found there, que xunto ao primeiro é unha lectura obrigada para todos aqueles interesados polas Matemáticas (na miña opinión, claro). A frase é pronunciada por Humpty Dumpty nunha conversa con Alicia, pouco despois de ver a famosa conta:


onde todos podemos comprobar que é moito mellor celebrar días nos que non cumpres anos que días nos que si.

Levo varios días que nin sequera leo completamente as miñas fontes de información no google reader. O máximo que fago é destacar o que máis me interesa para lelo cando teña tempo. E agora teño un feixe de cousas pendentes de lectura, e varias que comentar.

Por exemplo un xogo que mestura o xénero de atopar as diferenzas entre dúas imaxes e o xénero de ordenar as partes dunha imaxe. Chámase Magic Factory, e dá para xogar un anaco. E outro xogo, de carácter máis matemático (principalmente para todos os que saiban do Teorema das 4 cores), é o seguinte, Flood Fill, no que tedes que pintar cada rexión do "mapa" dunha cor das 4 posibles de tal xeito que dúas rexións veciñas non estean pintadas da mesma cor. Ánimo, que ningún dos dous xogos é demasiado complicado.

E vin en Boing Boing este vídeo que inclúe dúas cousas ben fermosas: unha sucesión de imaxes en time-lapse do ceo e a Sonata para piano nº 14 de Beethoven. Vede o vídeo aquí embaixo en resolución normal ou ide á web de Vimeo para velo en HD, e xulgade:




Timelapse movie: The Alps -- part II (night) from Michael Rissi on Vimeo.

3.11.09

Ausente



Debo ser das poucas persoas ás que se lles ocorreu coller unha gripe normal (que vulgar soa agora, tendo unha gripe chula por aí). E a verdade é que estou bastante aburrido, afeito como estou este ano ao ritmo: Clases-Escola de Idiomas-Traballo na casa. Pero tampouco teño a mente para foguetes, digamos que non me vou poñer a ler nestes días a Kant nin un manual do Grupo Bourbaki. En canto o meu cerebro mo permita, farei o simulacro de exame dos tres primeiros temas para os alumnos de 1º de Bacharelato. Esperemos que sexa hoxe.

Agora farei unha concesión á "literatura", e vou colgar un exemplo de epístola que leva dando que falar nas salas de profesores dos institutos de España desde xullo, máis ou menos. Sen máis preámbulos, deixemos paso ao arte:

Click sobre a carta para saborear

Outro exemplo de arte, quizais máis común, é o seguinte vídeo, no que Arnaud Jourdain fai unha homenaxe a Serge Gainsbourg. Durante cinco anos fixo fotografías a ese muro que vemos no vídeo para amosar a evolución dos graffitis, que logo plasmou como diferentes capas. Na miña opinión, o resultado só ten unha pega, que é demasiado breve, porque é realmente bonito.


Gainsbourg, mur rue de Verneuil, partie droite. from Arnaud Jourdain on Vimeo.




E para os que chegastes ata aquí (is there anybody out there?), e pareceuvos breve un dos xogos máis divertidos que puxen por aquí, Bloxorz, estades (estamos!) de noraboa, pois acaban de publicar un xogo esencialmente coa mesma técnica de xogo e obxectivo que aquel, Bricker. Aínda no tiven tempo de pasarmo, pero fareino, abofé que si.

Play Bricker

2.2.09

Un problema de cofres.

Entramos noutro tipo de problemas clásicos de lóxica: os problemas nos que, con certos datos sobre a veracidade dunhas frases, hai que saber quen mente e quen di a verdade.
Este problema que propoño hoxe ten como base o personaxe de Porcia na obra de Shakespeare "O mercader de Venecia". Porcia amosáballes aos seus pretendentes tres cofres: un de ouro, un de prata e un de chumbo, e advertíaos de que escollería ao home que escollera o cofre co seu retrato no interior.
Ben, supoñamos agora que os cofres tivesen unhas inscricións:











Sabemos que só unha inscrición di a verdade. Onde está o retrato?
Nesta ocasión non chega que poñades a solución, tedes que razoala.E por se sae fume do voso cerebro, déixovos un xogo. A ver se sodes quen de pechar ao gato no Chat Noir