14.7.13

Últimas revisións de xogos clásicos


Durante xuño apareceron varios xogos na rede que revisan iconas da animación interactiva (dos videoxogos, vaia). O curioso é que se dera esa simultaneidade sen pertenceren a ningunha iniciativa do tipo do Ludum Dare. Se algo teñen en común estes xogos, ademais do xa mencionado, é que todos son bastante irritantes.

O primeiro é Omino, unha revisión (outra máis) do clásico entre os clásicos, o Tetris. A mecánica do xogo é a de sempre, figuras poligonais van caendo na pantalla de xogo e hai que colocalas de tal xeito que formemos liñas horizontais sen ocos. Acabo de descubrir a pólvora. Pero a variación radica nas figuras que caen: comezamos xogando con 1-minós, é dicir, simples cadrados, ao pasarmos de nivel xogaremos con 2-minós, i.e., rectángulos formados por dous 1-minós, no seguinte nivel xogaremos con 3-minós, que xa presentan algo de variedade (pezas L ademais de rectángulos con 3 1-minós), no 4º nivel xogaremos cos tetrominós, que é o Tetris usual, e así sucesivamente. Obviamente a irregularidade das pezas nos niveis superiores fará máis complicado non deixar ocos e por tanto "facer liñas". Hai un par de items que axudarán a pulir eses ocos, non volos explico pois a súa función é ben intuitiva.

Hexominós
En segundo lugar temos Tic-Tac-Toe-Ception. O Tic-Tac-Toe é o nome que lle dan en países anglosaxóns ao "3 en raia", xogo dos máis parvos que teño visto nos cadernos dos alumnos de secundaria (cando eu era alumno era típico na EGB xunto aos "Ceros" e os "Barcos"). O 3 en raia non dá moito de si, así que nesta versión feita na Khan Academy o xogo é revirado deste xeito:

  • O taboleiro de xogo está composto por 9 mini-taboleiros normais do Tic-Tac-Toe.
  • O obxectivo do xogo é facer 3 en raia con partidas gañadoras neses mini-taboleiros.
  • O lugar onde colocas o teu símbolo O determina o seguinte mini-taboleiro onde vai xogar o contrincante.
  • Para gañar un mini-taboleiro tes que facer 3 en raia nel do xeito usual. Gañar nun mini-taboleiro "clausura" ese taboleiro para o resto da partida. Tamén están clausurados os taboleiros sen celas baleiras.
  • Se o mini-taboleiro ao que é enviado un xogador está clausurado, o xogador poderá escoller o taboleiro onde xogar.
Inevitable pensar no Sudoku aínda sen relación algunha


Por certo, o nome Tic-Tac-Toe-Ception provén, erroneamente, da película Inception, titulada "Origen" en España. É un malentendido espallado pola rede o de crer que inception é un sinónimo de recursividade, entendendo que o título da película tenta explicar o concepto de "soño dentro dun soño dentro dun soño...". Mais o termo inception fai referencia en realidade ao proceso de implantar/introducir unha idea na mente doutra persoa. Aínda que vendo os comentarios pola rede creo que esta é unha batalla perdida.

E o último xogo é BRICK[bricksmash]SMASH. O título fai soar a campá, non si? O nome máis habitual do xogo orixinario é Breakout (versión de Atari), eu coñézoo desde hai décadas como Arkanoid (pola versión de Taito para arcade). En calquera caso é o xogo no que hai que romper cunha bóla os bloques na parte de arriba da pantalla. Nesta revisión o que sucede é que en cada bloque hai unha réplica do xogo, e cada vez que lle damos a un bloque aparece dentro del unha nova bóla. Non rompemos o bloque ata que o mini-xogo dentro del remate, é dicir, ata que rompamos os bloques interiores.

Non morrer é demasiado sinxelo
O único aspecto negativo deste xogo é, na miña opinión, que a barra sexa movida co rato e non co cursor. Unha mágoa.



Destes tres xogos probablemente resulte o Tic-Tac-Toe-Ception o máis adictivo. Vós diredes.

8.7.13

Contra PISA

A OCDE vén de presentar o seu estudo "Education at a glance 2013". Se aínda hai algún incauto que non saiba que é a OCDE e o papel que xoga actualmente na educación, poderiamos traer á memoria a película Hellraiser e aquel perigoso dispositivo que abría portas polas que podían pasar seres coma Pinhead:


De cando os monstros merecían ese nome

Pois a OCDE, organización para a cooperación e o desenvolvemento económicos, funciona hoxe como o oráculo da educación nos países que pertencen a ela. Pasando por riba de organizacións con obxectivos máis claramente relacionados coa eduación como a UNESCO. Non lles chega con fracasar nas políticas económicas (o carácter visionario do seu presidente, Ángel Gurría, sobre esta crise é cósmico) que agora pretenden vir á educación a emporcallar. Cando a súa seriedade tería que ser cuestionada por calquera persoa educada.

E cal é o instrumento que utilizan para emporcallar? Principalmente o informe PISA (Program for International Student Assessment), estudo realizado cada 3 anos desde o 2000 no que os estudantes de 15 anos (non os dun curso concreto, os desa idade) son avaliados en lectura, matemáticas e ciencias. Para sermos exactos, son avaliados no que a OCDE considera que é lectura, matemáticas e ciencias. Algún lector haberá por aí fóra que lembre que disto de PISA xa teño falado no 2010, e coa mesma teima, nos posts consecutivos PISA, outra vez e Mentres poño un exame.
Comparemos os criterios de avaliación que temos que aplicar os profesores de secundaria de Matemáticas co tipo de ítem incorporado en PISA. E lembremos que eses criterios non son escollidos polos profesores, senón pola administración, é dicir, o goberno de turno. A comparación aínda sería máis irrisoria se fosemos ao contidos, que son do estilo de "Resolución de ecuaciones de primer y segundo grado con una incógnita. Sistemas de dos ecuaciones lineales con dos incógnitas." Todo isto podédelo atopar no Real Decreto 1631/2006, de 29 de decembro, no BOE de 5 de xaneiro de 2007.

Primeiro os criterios de avaliación:

1. Utilizar los números racionales, sus operaciones y propiedades, para recoger, transformar e intercambiar información y resolver problemas relacionados con la vida diaria.
2. Expresar mediante el lenguaje algebraico una propiedad o relación dada mediante un enunciado y observar regularidades en secuencias numéricas obtenidas de situaciones reales mediante la obtención de la ley de formación y la fórmula correspondiente, en casos sencillos.
3. Resolver problemas de la vida cotidiana en los que se precise el planteamiento y resolución de ecuaciones de primer y segundo grado o de sistemas de ecuaciones lineales con dos incógnitas.
4. Reconocer las transformaciones que llevan de una figura geométrica a otra mediante los movimientos en el plano y utilizar dichos movimientos para crear sus propias composiciones y analizar, desde un punto de vista geométrico, diseños cotidianos, obras de arte y configuraciones presentes en la naturaleza.
5. Utilizar modelos lineales para estudiar diferentes situaciones reales expresadas mediante un enunciado, una tabla, una gráfica o una expresión algebraica.
6. Elaborar e interpretar informaciones estadísticas teniendo en cuenta la adecuación de las tablas y gráficas empleadas, y analizar si los parámetros son más o menos significativos.
7. Hacer predicciones sobre la posibilidad de que un suceso ocurra a partir de información previamente obtenida de forma empírica o como resultado del recuento de posibilidades, en casos sencillos.
8. Planificar y utilizar estrategias y técnicas de resolución de problemas tales como el recuento exhaustivo, la inducción o la búsqueda de problemas afines y comprobar el ajuste de la solución a la situación planteada y expresar verbalmente con precisión, razonamientos, relaciones cuantitativas, e informaciones que incorporen elementos matemáticos, valorando la utilidad y simplicidad del lenguaje matemático para ello.

Agora observemos un par de problemas, extraídos da publicación do Instituto Nacional de Evaluación Educativa, PISA 2003. Pruebas de Matemáticas y de Solución de Problemas. Collidos ao chou, como en PISA, outra vez:

Campeonato de ping-pong
Tomás, Ricardo, Luis y David han formado un grupo de entrenamiento en un club de ping-pong. Cada jugador quiere jugar una vez contra cada uno de los otros jugadores. Han reservado dos mesas de ping-pong para estas partidas. Completa la siguiente plantilla de partidas escribiendo los nombres de los jugadores que jugarán en cada partida.
En serio, isto é un ítem en PISA
Monopatín
Marcos es un gran fan del monopatín. Entra en una tienda denominada PATINADORES para mirar algunos precios. En esta tienda puedes comprar un monopatín completo, o puedes comprar una tabla, un juego de 4 ruedas, un juego de 2 ejes y un conjunto de piezas para montar, y montar tu propio monopatín. Los precios de estos productos de la tienda son:
Producto                                                        Precio en zeds
Monopatín completo                                         82 ó 84
Tabla                                                             40. 60 ó 65
Un juegos de 4 ruedas                                      14 ó 36
Un juego de 2 ejes                                               16
Un juego de piezas para montar
 (cojinetes, almohadillas
de goma, tornillos y tuercas)                            10 ó 20

Pregunta 25: Marcos quiere montar su propio monopatín. ¿Cuál es el precio mínimo y el precio máximo de los monopatines montados por uno mismo en esta tienda?
(a) Precio máximo: . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .zeds

(b) Precio mínimo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .zeds
Pregunta 26: 
La tienda ofrece tres tablas diferentes, dos juegos diferentes de ruedas y dos conjuntos diferentes de piezas para montar. Sólo hay un juego de ejes para elegir. ¿Cuántos monopatines distintos puede construir Marcos?
A) 6
B) 8
C) 10

D) 12
Pregunta 27:
Marcos tiene 120 zeds para gastar y quiere comprar el monopatín más caro que pueda. ¿Cuánto dinero puede gastar Marcos en cada uno de los 4 componentes? Escribe tu respuesta en la tabla de abajo.
Componente                                                        Precio en zeds
Tabla
Ruedas
Ejes
Piezas para montar

A pregunta é obvia: Se os novos oráculos da educación van avaliar o sistema educativo completo en función destes items, para que carallo traballamos os distintos tipo de números, a notación científica, os polinomios, as progresións aritméticas e xeométricas, a representación gráfica de funcións lineares, a resolución de ecuacións de 1º e 2º grao, as bicadradas, as irracionais, os sistemas de ecuacións, a semellanza xeométrica, o Teorema de Pitágoras e o de Tales, os corpos xeométricos, os movementos no plano, a estatística, a probabilidade...
(Para sermos honestos, a interpretación de gráficas e de táboas estatísticas si que lles gusta aos economistas, o azar non quixo que incluíse un problema no que aparezan)
Para que? Por que non traballamos items nos que haxa que realizar unha operación elemental (ou dúas como moito) despois de desfacer a lea de texto na que vén disfrazado para que pareza un problema real? En definitiva, por que non deixamos a un lado as Matemáticas para rascar un par de puntos en PISA?

Se isto non fose abondo, os profesores nunca chegamos a saber como o fan os nosos alumnos nestes tests. A puntuación da que falan os ignorantes xornalistas é unha media que toma como referencia a media da OCDE. Así que realmente non sabemos cales son as puntuacións dos alumnos españois, só en que posto está a súa media con respecto ás medias dos demais países da OCDE. O lector atento verá que isto non promove a educación e a aprendizaxe. Promove a competencia. E do xeito máis trampulleiro que poidamos imaxinar. Noxo, e moito,  é o que dá.