As mostras de hoxe proveñen de artistas urbanos, denominación que semella excluír aos que viñesen da aldea, pero que se ollamos a fonte, street art, resulta coherente.
As obras que vou amosar comparten o obxectivo de enganar á nosa intuición, algunhas dentro da categoría de anamorfoses. Os amables artistas adoitan complementar a delusoria obra cunha explicación do seu oficio mediante tomas desde outras perspectivas. Nas obras que estea dispoñible vou ocultar a explicación para que antes poidades dilucidar vós mesmos os puntos de vista.
Do primeiro artista, Felice Varini, quería salientar un par de obras recentes:
Blu giallo rosso e nero tra il trapezio e l'ellisse |
Preme para ver a explicación
A segunda obra custa vela ao comezo:
Disque libre noire Nº1 |
Explicación
E a 3ª obra, tan enorme que custa imaxinar o choio que custou deseñala e levala a cabo:
Trois ellipses ouverts en désordre |
A segunda artista, Fanette Guilloud, ten unha serie titulada Geometrie de l'Impossible, chea de imaxes ben fermosas, das que un matemático non pode omitir este triángulo de Penrose:
"Geometrie de l'Impossible" 2013, France, Anamorphoses; spraycans |
Pero tamén é abraiante este prisma (?) para o cal hai explicación:
Blue Berlin, feb. 2014 |
O 3º artista, Alessandro Diddi, ten varias series con debuxos que escapan do papel, que vos lembrarán con seguridade a Escher:
Jumping Dolphin |
Double Illusion |
Xa han chegar estas obras por unha tempada; aínda que deixo unhas cantas na recámara, creo que podería ralentizar moito a carga da páxina. Ata a vindeira mostra!
Pois velaquí máis arte, desde o IES Sánchez Cantón, non sei se o coñecías:
ResponderEliminarhttp://cha597.wix.com/xeometria-e-arte
Pois non, non coñecía, obrigado, Cibrán.
ResponderEliminarO das arestas dos poliedros lembroume que tamén o fixeron nesta bisbarra, en Narón. Vin o modelo pendurado do teito na entrada do I.E.S. As Telleiras. Nesta ligazón pódese albiscar: Dependencias