Buscade abaixo o libro de David Wells para ver a relación coa Olimpíada do xoves |
Esta entrada leva sendo posposta varios anos, máis por esquecemento que por outra razón. Aproveitando que un xentil anónimo (aka ML) me lembrou este propósito, é hora de que comparta unha pequena listaxe de libros que, dun xeito ou outro, me teñen marcado como profesor. Nos tempos que vivimos é obvio que non son os libros os únicos referentes de formación que temos os docentes, mais nesta listaxe vou deixar fóra as webs, blogues, etc., referencias das que xa teño falado noutras entradas.
Por se alguén non está atento, hoxe toca falar de libros no sentido clásico do termo.
O labor docente na secundaria ten varios planos: por unha banda o profesor estudou na universidade unha carreira que lle proporcionou os coñecementos esenciais da súa disciplina, despois recibiu unhas directrices sobre pedagoxía (no extinto CAP ou no actual Máster de Secundaria). A estes planos é probable que de xeito autodidacta e paralelamente á práctica da súa profesión, sumase o coñecemento da didáctica da materia. Isto ten como consecuencia que nesta lista haxa varios apartados, aínda que omitín adrede os volumes sobre aspectos técnicos do ensino e a aprendizaxe.
Tentei engadir ligazóns aos textos completos onde foi posible, i.e., onde o big brother google deixa que aparezan. En calquera caso, Library Genesis is your friend (este sería o meu lema se algún tarado me encomendase un curso de formación do profesorado novel).
Un último aviso: non podo asegurar que lese por completo todos os libros que van aparecer, sobre todo cos libros de consulta é difícil lembrar se un foi exhaustivo, ao non telos lido de xeito linear.
Antes de comezar, xa me estou a arrepentir dos que esquecín.
Matemáticas
- Calculus- Michael Spivak
Lino enteiro despois de rematar a carreira, cos meus prexuízos sobre o Cálculo Elemental xa asentados. Este volume ten dúas características positivas: fai reformular o que se sabe, e faino cun estilo moi elegante.
- An Introduction to the Theory of Numbers, G.H.Hardy&J.E.Littlewood
Este libro, xa demodé na disciplina, contén o que consideraban esencial desa disciplina dous dos mellores teóricos de números do momento. Ten un estilo por momentos austero.
- Geometry Revisited de H.S.M. Coxeter&S.L.Greitzer e Introduction to Geometry de H.S.M.Coxeter
Aínda que os dous libros son ben distintos en contidos e propósito, xúntoos acó porque grazas aos dous son un pouco menos ignorante en Xeometría. Coxeter foi un xeómetra formidable, e o seu dominio sobre a súa materia tradúcese ao seu estilo como autor.
- A selection of problems in the Theory of Numbers- Waclaw Sierpinski
O matemático que se pon sempre como exemplo de que se pode continuar traballando ata a senectude, Sierpinski fixo esta compilación de problemas, que na miña opinión forman parte da cultura matemática.
- The Theory of Numbers. A Text and Source Book of Problems- Andrew Adler, John E. Coury
Este volume ten pouco que ver cos anteriores. Póñoo aquí porque pasei un verán resolvendo os problemas que contén, desde como calcular datas usando congruencias ata como resolver ecuacións diofánticas utilizando extensións cuadráticas dos números racionais. Cousas da xuventude.
Reflexión arredor das Matemáticas
- The Mathematical Experience- Philip Davis&Reuben Hersh
- What is Mathematics, Really? -Richard Courant&Herbert Robbins
- A Mathematician's Apology, G.H.Hardy
- The Enjoyment of Mathematics- Hans Rademacher&Otto Toeplitz
Reflexión arredor do Ensino das Matemáticas
- Mathematician's Delight- W.W.Sawyer
- 20 years before the Blackboard- Michael Stueben
Resolución de Problemas
- Problem Solving Strategies- Arthur Engel
- Problem Solving through Problems- Loren Larson
- Winning Solutions-Edward Lozansky&Cecil Rousseau
- Ants, Bikes, and Clocks. Problem Solving for Undergraduates- William Briggs
- Famous Puzzles of Great Mathematicians- Miodrag S. Petkovic
- Five Hundred Mathematical Challenges- Edward Barbeau, Murray Klamkin, William Moser
- Mathematical Quickies-Charles W. Trigg
- Mathematics as Problem Solving- Alexander Soifer
- The Penguin Book of Curious and Interesting Puzzles- David Wells
- Dueling Idiots and other Probability Puzzlers-Paul J. Nahin
Miscelánea
- Mathematical Recreations and Essays- W.W. Rouse Ball
- Concrete Mathematics- Ron Graham, Donald Knuth, Oren Patashnik
- The Code Book- Simon Singh
- How to lie with Statistics- Darrel Huff
- Taking chances: Winning with Probability- John Haigh
- Pearls of Discrete Mathematics- Martin J. Erickson
"O número de triángulos non congruentes con lados enteiros e perímetro $10^{100}$ é 2083...3"(onde hai 196 treses)
- The Pleasures of Counting- T. W. Körner
- A History of Mathematics, Carl Boyer
- Ancient Problems. Classic Brainteasers and other timeless mathematical games of the last 10 centuries- Dominic Olivastro
O título engana, pois en realidade é unha historia dos sistemas de numeración, comezando polo óso Ishango.
Seguro que achades de menos varios libros, non si? Moitos van agora:
Autores dos que tento(/tentei) ler todo o que atopo
- Lewis Carroll
- Henry Dudeney
- Martin Gardner
- Ron Honsberger
- Howard Eves
- Ian Stewart
- Alfred Posamentier
- George Polya
- Anthony Gardiner
- Claudi Alsina
- Miguel de Guzmán
- Richard K. Guy
- Titu Andreescu
- John Conway
- Adrián Paenza
- Edward Barbeau
Nota mental: para todo o que lin, hai que ver o mal profesor que son.
Non teño dúbida ningunha de que a espera na publicación desta entrada vai pagar a pena.
ResponderEliminarQueda marcada a entrada no navegador. Máis unha vez, obrigado.
Así dá gusto, ML ;)
Eliminar