Nos últimos días fun recollendo de diversas fontes problemas para os que non é necesaria a utilización de técnicas nin ferramentas sofisticadas, o cal non garante en absoluto que vaian resultar sinxelos.
Nun cuadrilátero ABCD marcamos os puntos medios dos lados BC e AD, M e N. Unimos M con A e D e N con B e C, e chamamos P á intersección dos segmentos AM e BN e Q á de MD e CN. O debuxo explica todo rapidamente:
Intúese o que hai que amosar? |
Por certo, estou case convencido de que compartín unha figura dun cuadrilátero moi semellante á anterior. Pero facendo as pescudas evidentes non a dou atopado no arquivo do blog, e mirar as case oitocentas cincuenta entradas...
Agora un de números:
Atopar dous números naturais distintos x e y que cumpran que $x+n$ é divisor de $y+n$ para $n=0,1,\dots,10$
Aviso: este problema reformula unha cuestión tan coñecida dos números naturais que xa practicamente é un tópico en divulgación, libros de problemas, etc. Pero hai que darlle unhas voltas á cabeza para ver por onde vai.
Veña, o seguinte é axeitado para preguntar nunha aula:
Amosar que se dous segmentos que miden o mesmo se intersecan xusto no punto medio, os 4 extremos son os vértices dun rectángulo.
Imaxinade que nunha calculadora as únicas operacións dispoñibles son +, – e ²
Como argallaríades para atopar o produto de dous números, x e y?
Reparade en que non hai ningunha tecla para dividir entre dous.
E para rematar, un problema clásico que admite un feixe de aproximacións distintas na aula:
Atopa a suma dos ángulos internos dunha estrela de cinco puntas. Hai moitos xeitos distintos de atopala, a ver cantos dás feito.
Xa tedes abondo para pensar nas avaliacións cando non funcione o xade.
Aquí van tres solucións e meia:
ResponderEliminar1. Areas cuadrilatero: nen ideia.
2. divisores x=1 e y=10!+1
3. angulos opostos son iguais e por tanto lados opostos iguais. E forman 90 graos pq cun lado máis curto ou máis longo o ángulo formado sería obtuso ou agudo
4. Valería un algoritmo de exponenciación rápida sustituindo a multiplicación pola suma. (non se me ocurre ningunha outra solución directa, por un momento achaba que si, mais non)
5. angulos internos pentágono son 540 =5*180-2x (5 triangulos) por tanto x=180