23.10.10

Cinco minutos dun sábado calquera


É o que leva ver este estraño vídeo. Eu acabo de facelo:


20.10.10

20/10/2010

Curiosa data. E só pasaron dez días do 10/10/10.

En calquera caso, sempre é un bo día para ter que pensar un pouco nun xogo. Ou en dous:

  • Thomas was alone lembra un pouco a Square Team, ou en xeral a tódolos xogos nos que diferentes figuras teñen que cooperar para chegar a unha posición final.
  • Nanopath non require tanto razoamento como habilidade. Simplemente tedes que debuxar a traxectoria que ten que percorrer a esfera.
Nada máis por hoxe.
Abur.

17.10.10

Benoit Mandelbrot

Era imposible non comentar minimamente a morte dun dos matemáticos recentes máis influentes na evolución das Matemáticas. O nome de Benoit Mandelbrot quedou ligado para sempre coa súa maior achega: os fractais. Do mesmo xeito que o de Newton e Lebniz ao Cálculo Diferencial, o de Descartes á Xeometría Analítica, o de Gauss á Xeometría Diferencial ou o de Euler a ... case todo (perdoade a vaguidade, só estou a poñer exemplos de certa sona).

Curiosamente o meu primeiro post neste blog, aló polo remoto día de Reis de 2009, hai 241 posts, incluía soamente un vídeo dunha viaxe polo Conxunto de Mandelbrot. Seguramente porque, para comezar, era imprescindible algún tema que calquera non técnico puidera apreciar.
E os fractais son tan famosos precisamente por iso: ademais da indubidable mestría técnica e a orixinal idea matemática que desenvolven, son simplemente fermosos ao ollo humano. Xulgade nun par de exemplos:










Parafraseando a Hilbert falando de Cantor, ninguén nos botará do paraíso fractal que Mandelbrot creou para nós.

15.10.10

Tres animacións polo prezo dunha

Imaxinastes algunha vez que pasaría se un monigote revirase contra o seu creador? Lendo Pixfans atopei non unha, senón tres posibles respostas.

En orde cronolóxica, as tres respostas inventadas polo animador Alan Becker, se sabedes algo de animación en Flash veredes elementos ben coñecidos:





E finalmente, a ligazón para ver a última batalla contra "The Chosen One":

Animator vs.Animation III

Ademais dos vídeos hai a posibilidade de tomar o papel do Animator contra a pobre animación nun par de orixinais xogos.


13.10.10

A película de Banksy





Sabía xa que Banksy tiña pensado facer unha película, pero, para ser totalmente veraz , teño que dicir que lle perdera a pista. Grazas a unha atenta comentarista do anterior post puiden ter novas sobre esa obra. Por certo o seu título é Exit through the gift shop. Aquí tedes o (estraño?, orixinal?, algunha idea?) trailer:






Busquei na International Movie Data Base información sobre a película e, grosso modo, conta a historia dun tendeiro e director amateur francés que tenta localizar e facerse amigo de Banksy. Foi presentada por primeira vez no Festival de Sundance en xaneiro, e como dicía a comentarista aludida, foi estreada en España hai uns días. Esperemos que a película chegue "a provincias". Eu xa teño curiosidade.