6.11.10

Só unhas cantas letras e números

As etiquetas do Delicious

Traduzo do inglés este famoso enigma e modifico algúns dos items para facelos máis accesibles á nosa cultura.
Es quen de adiviñalos todos?
  1. 23 L do A
  2. 7 D da S
  3. 7 M do M
  4. 12 S do Z
  5. 1 A para D a T
  6. 66 L da B
  7. 40 C nunha B
  8. 4 P en G
  9. 18 B nun C de G
  10. 39 L do AT
  11. 5 D nun P
  12. 90 G nun AR
  13. 0 G é a T C á que a A X
  14. 15 X nun E de R
  15. 3 R nun T
  16. 100 C nun E
  17. 11 X nun E de F
  18. 12 M nun A
  19. 13 é D para A
  20. 8 T nun P
  21. 29 D en F nun A B
  22. 27 L no NT
  23. 365 D nun A
  24. 52 S nun A
  25. 7 V dun G
  26. 60 M nunha H
  27. 23 P de C no C H
  28. 64 C nun T de X
  29. 17 C en E
  30. 1000 A nun M
  31. 1 L P na S da C


4.11.10

Sabes contar?

Hoxe na materia de TIC cos meus traballadores alumnos de primeiro de bacharelato lembrei esta experiencia, un clásico da rede que coñecín nunhas remotas Xornadas de Ciencia e Ensino en Santiago de Compostela. O propio vídeo explica o que hai que facer, pero como está en inglés, tradúzovos a única instrución (o que vai sucedendo despois creo que o entenderedes):


  • Conta cantas veces pasan a pelota os xogadores de branco:






Por desgraza, esta experiencia só pode ser realizada unha vez, pois nas sucesivas o elemento sorpresa desaparece, por razóns obvias para os que xa o vimos.

1.11.10

Outro 1 de Novembro

E por que sabemos que hoxe foi ese día?
Temos varios indicios: non houbo clase, os programas informativos non paran de falar de camposantos, oímos falar de Halloween por todas partes (neses informativos é onde máis, calquera día empezan a falar de Thanksgiving)...
Pero o que me interesa realmente a min é que Matthew Weathers, profesor de Matemáticas e persoa con bo humor (como tantos profesores de Matemáticas, non?) volve abraiarnos cun simpático vídeo. Mirade:





Se non tivestes a oportunidade de ver as súas clases anteriores, aquí tedes aqueles posts:


28.10.10

Just for fun-2

Alucinade co que fai a xente neste vídeo xustamente titulado People are awesome:






E unha ilusión óptica preciosa roubada de Fogonazos. A ver se adiviñades o que sucede antes de que o truco sexa desvelado. Tedes nove segundos:



25.10.10

Máis animacións

Despois de descubrir (hoxe pola mañá, en clase) que teño alumnos aos que lles gustaría facer animacións coma as do post Tres animacións polo prezo dunha, estiven tentando lembrar exemplos dixitais que me teñan impactado desta arte. No tempo que levo mantendo este blog colguei algunhas, aínda que vexo agora que non utilicei tanto como debera a etiqueta Animación, pois en case tódalas ocasións as animacións aparecen baixo a etiqueta Vídeos ou Xogos.

En realidade, sempre que me preguntan por animacións penso en primeiro lugar en xogos creados con Adobe Flash, e habitualmente o primeiro xogo que me vén á mente é o Fancy Pants Adventures (poño ligazón ao segundo mundo, que o primeiro parece que non vai), do que non sei se falei aquí, pero si que está na páxina de xogos da wiki de hai dous anos.
Así que na clase foi ese xogo o que recomendei. As razóns son obvias para calquera que xogase: é visualmente agradable, é sinxelo tanto con respecto á dinámica de xogo como ao aspecto gráfico; e deixa coa pregunta: como faría o deseñador este xogo?

Pero hai moitos exemplos de xogos sorprendentes, xa sexa polo apartado gráfico ou polo técnico. Varios deles xa foron comentados aquí:



Este xogo destaca pola idea que desenvolve: as cousas comezan a existir cando podes velas. Mentres a luz non as toque, non existen.






Samorost é un xogo point&click que destaca no plano gráfico. A dinámica de xogo consiste en ir pasando puzzles que aparecen nas distintas pantallas de xogo. Os seus creadores, Amanita Design, teñen varios xogos máis na súa web (entre eles a segunda parte do Samorost, e tamén animacións puras.

Como exemplo de animación espectacular que non é un xogo, esta versión do Mago de Oz é abraiante:








Non é a primeira animación de zoom-infinito que vexo, nin probablemente a máis alucinante, pero a idea de plasmar nun zoom a chegada de Dorothy ao país de Oz ten o seu aquel.

Para rematar este post, que mellor que un vídeo dunha canción que sexa tamén unha animación?